Jakob Frímann Magnússon nado en Copenhague o 4 de maio de 1953, é un músico e político islandés.

Traxectoria

Nado en Dinamarca fillo de islandeses, foi célebre na escena pop rock californiana da década de 1970. Durante as súas viaxes de mocidade nos Estados Unidos entre 1977 e 1980 iniciou a súa propia banda con Carlos Rios (guitarra), Steve Anderson (baixo) e David Logeman (batería), e lanzou varios álbums de pop rock con influencia de jazz. Nestes álbums tamén aparecen músicos como Bill Champlin, Vinnie Coaliuta, Neil Stubenhaus, Abe Laboriel, Ernie Watts e Tom Scott que finalmente adquiriron relevancia na escena de fusión americana. O seu álbum Jack Magnet destaca na crítica polo talento das liñas de teclado de Frímann e o seu uso dos arranxos co piano Rhodes en paralelo a sintetizadores.

Membro do Partido Popular Europeo e parlamentario islandés polo Partido Popular Islandés (), acadou notoriedade no ano 2011 polas súas posicións reaccionarias contra a libre inmigración no país.

Discografía Special Treatment (1979) Jack Magnet (1981) Tvær systur / Time Zone (1982) "Ragga & the Jack Magic Orchestra" 1997 "Human Body Orchestra" 1998 "Made in Reykjavik" (2002) "Piano" (2005) "Jack Magnet Quintet live" (2012) "Global Warming" (2016) "High North" (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas From Now on, do álbum Jack Magnet

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Políticos de Islandia