John Ross, nado en Turkeytown (Nación Cherokee, na actualidade en Alabama) o 3 de outubro de 1790 e finado en Washington, D.C. o 1 de agosto de 1866, tamén coñecido polo seu nome cherokee, Kooweskoowe ("A garza"), foi un xefe cherokee.
Traxectoria Loitou na guerra de 1812 cos colonos e participou na batalla de Horseshoe Bend contra os Creeks. Formou parte do Consello Nacional Cherokee desde 1817 e foi un dos inspiradores da Constitución Cherokee de 1827.
Intentou opoñerse á expulsión da súa tribo da zona por medios legais pero non o conseguiu. O presidente Andrew Jackson obrigouno a abandonar Oklahoma en 1838. Foi un dos organizadores da Nación Cherokee en Oklahoma, onde continuou como presidente, pero non puido evitar as loitas internas.
Durante a Guerra Civil apoiou aos Estados Confederados xunto aos Creeks, pero en 1862 foron derrotados e invadidos polas tropas federais. Ross rendeuse e foi feito prisioneiro, aínda que foi liberado pouco despois. Permaneceu como presidente Cherokee ata a súa morte.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Deportación dos indios dos Estados Unidos de América
Categoría:Líderes cherokees Categoría:Nados en 1790 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Pobo cherokee Categoría:Nados en Alabama