TiungSat-1, tamén coñecido como Mysat, é un satélite artificial de Malaisia lanzado o 26 de setembro de 2000 a bordo dun foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.
Características TiungSat-1 é o primeiro satélite malaisiano. Foi construído por SSTL no Centro Espacial de Surrey baixo un contrato de transferencia de coñecementos entre Reino Unido e Malaisia. Os obxectivos do satélite son facer observacións da superficie terrestre, probar comunicacións cun sistema de almacenamento e envío, probar un sistema de transferencia dixital de datos, probar un receptor GPS e levar a cabo un experimento de detección de raios cósmicos.
TiungSat-1 usa frecuencias de radioafeccionado, polo que as imaxes que obtén da Terra poden ser accesibles desde equipos de radioafeccionado en terra. A alimentación eléctrica a proporcionan células solares que cobren os catro lados do satélite, xerando ata 35 W de potencia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dnepr (foguete)
Categoría:Satélites artificiais