Shohini Ghose é unha física cuántica e profesora de Física e Informática na Universidade Wilfrid Laurier.
Traxectoria Foi presidenta da Canadian Association of Physicists (2019-2020), coeditora xefa do Canadian Journal of Physics, e directora do Centro Laurier para as Mulleres na Ciencia. Foi nomeada Bolseira TED en 2014 e Fellow Senior de TED en 2018. En 2019 apareceu no programa de televisión Star TV TED Talks India Nayi Baat presentado por Shah Rukh Khan. En 2017 foi elixida membro do College of New Scholars, Artists and Scientists da Royal Society of Canada. O seu libro Clues to the Cosmos publicouse na India en decembro de 2019. En 2020, foi seleccionada como Cátedra NSERC de Mulleres en Ciencia e Enxeñaría.
É a autora de Her Space, Her Time: How trailblazing women scientists decoded the hidden universe onde "explora temas como o tempo, a exploración espacial e as partículas subatómicas e destaca as contribucións de mulleres como Henrietta Leavitt, Margaret Burbidge, Mary Golda Ross, Marietta Blau, Hertha Wambacher e Bibha Chowdhuri en descubrimentos que van desde o big-bang e o calendario cósmico ata os fundamentos do universo, incluíndo a chegada a Lúa".
Notas
Categoría:Físicos do Canadá Categoría:Alumnos da Universidade de Novo México Categoría:Físicos cuánticos