Elisa Frota Pessoa, nada co nome de Elisa Esther Habbema de Maia no Río de Xaneiro o 17 de xaneiro de 1921 e finada na mesma cidade o 28 de decembro de 2018, foi unha física experimental brasileira.
Traxectoria Pioneira da ciencia no Brasil, foi unha das fundadoras do Centro Brasileiro de Investigacións Físicas (CBPF).As primeiras pesquisadoras do CBPF: Elisa e Neusa . Memória da Física Pessoa tamén foi a segunda muller en licenciarse en física no Brasil, en 1942. Destacou polos seus estudos de radioactividade con emulsións nucleares, reaccións e desintegracións dos mesóns K e π en emulsións nucleares e reaccións de protóns e deuteróns con núcleos de masa media.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1921 Categoría:Físicos do Brasil