Mark Anthony Luhrmann, nado en Sydney o 17 de setembro de 1962, é un actor, director, guionista e produtor de cinema australiano, coñecido como Baz Luhrmann. É amplamente considerado un dos máis destacados directores de cinema e un exemplo contemporáneo dun autor polo seu estilo e fonda participación na escritura, dirección, deseño e compoñentes musicais de todas as súas obras. É o director australiano con máis éxito comercial, con catro dos seus filmes entre os dez australianos con máis público de todos os tempos.
Traxectoria Luhrmann naceu en Nova Gales do Sur en 1962, fillo dunha mestra de danza e de Leonard Luhrmann, dono dunha gasolineira e dun cine., ran a petrol station and a movie theatre. Luhrmann asistiu ao St. Joseph's Hasting Regional School, ao Port Macquarie de 1975 a 1978 e ao Sydney Grammar School. O seu alcume "Baz" recibiuno polo seu parecido con monicreque Basil Brush.
Tras unha discreta carreira como actor comezada na década de 1970, acadou sona internacional con producións de Hollywood na década de 1990. O seu primeiro éxito de público foi Strictly Ballroom (1993), con Paul Mercurio, Tara Morice e Bill Hinter. Tres anos máis tarde adaptou de forma novidosa e moderna con éxito de crítica e público a William Shakespeare en Romeo + Juliet (1996), con Leonardo DiCaprio e Claire Danes.Romeo + Julieta de Baz Luhrmann: dos amantes de la generación-X de aciago destino (español) O seu seguinte filme, de maior éxito, foi Moulin Rouge! (2001) con Nicole Kidman e Ewan McGregor, un orixinal musical con cancións de The Beatles, Madonna, Elton John, Nirvana e Queen, entre outros. Tamén realizou montaxes de ópera como La Bohème, así como anuncios publicitarios, sendo o máis coñecido o realizado para o perfume Chanel N° 5 xunto a Nicole Kidman.
En 2016 realizou a serie The Get Down para Netflix xunto ao guionista Shawn Ryan. A serie ambientábase no Bronx da década dos setenta e mostraba unha Nova York chea de mafias, música disco e grafitis. Asemade, aborda o nacemento do hip hop como resposta ao tortuoso estilo de vida ao que se vían sometidos as personaxes. En agosto de 2016 estreáronse os seis primeiros capítulos, mais en maio de 2017 anunciouse a fin da serie sen dar motivos para a cancelación.
Vida persoal Luhrman é bo amigo dos actores australianos Hugh Jackman e Nicole Kidman e do escritor e actor Craig Pearce con quen traballou en Moulin Rouge!, Romeo + Juliet e Strictly Ballroom.Baz Luhrmann and Craig Pearce Film Writers and Directors
O 26 de xaneiro de 1997 casou con Catherine Martin, que foi a deseñadora de produción de todos os seus filmes. O 10 de outubro de 2003 naceu a súa filla Lillian "Lilly" Amanda Luhrmann e o 8 de xuño de 2005 o seu fillo William Alexander Luhrmann.Baz Luhrmann Biography
Filmografía Ano Título Director Guionista Produtor Distribuidora1992Strictly BallroomRonin Films1996Romeo + Juliet 20th Century Fox2001Moulin Rouge!2008Australia2013The Great GatsbyWarner Bros. Pictures2022Elvis
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial 'Baz the Great!' - Baz Luhrmann Baz Luhrmann - TV.com Baz Luhrmann from Australia - at Film.com Baz Luhrmann Biography, Info Charlie Rose: Guests - Baz Lurhmann Baz Luhrmann Romeo and Juliet (1996) Baz Luhrmann and wife Catherine Martin Picture Baz Luhrmann with his childrens Lillian and William Luhrmann Picture Baz Luhrmann Picture
Categoría:Nados en Sidney Categoría:Nados en 1962 Categoría:Directores de cinema de Australia Categoría:Produtores de cinema de Australia