Paetongtarn Shinawatra, en , nada o 21 de agosto de 1986 en Bangkok é unha política e empresaria tailandesa. Desde 2024 é a 31ª Primeira ministra de Tailandia e líder do partido Pheu Thai desde 2023.

Shinawatra é a persoa máis nova na historia de Tailandia en converterse en primeira ministra e a segunda muller en ocupar o cargo.

Traxectoria

Familia e formación É a filla menor de Potjaman Na Pombejra e de Thaksin Shinawatra (primeiro ministro do 2001 ao 2006) e sobriña de Yingluck Shinawatra (primeira ministra do 2011 ao 2014).

Graduouse en Ciencias Políticas, Socioloxía e Antropoloxía pola Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Chulalongkorn en 2008 e continuou os seus estudos en Surrey, Inglaterra.

Carreira política Tras a destitución do Primeiro ministro Srettha Thavisin polo Tribunal Constitucional de Tailandia o 14 de agosto de 2024, Paetongtarn foi nomeada polo Pheu Thai para substituílo. O seu nomeamento foi aprobado polo parlamento o 16 de agosto. Converténdose así na persoa máis nova e na segunda muller en ser Primeira ministra de Tailandia.

Vida persoal Shinawatra casou co empresario Pitaka Suksawat en 2019. Teñen dous fillos.

Notas

Véxase tamén Thaksin Shinawatra Yingluck Shinawatra

Categoría:Primeiros ministros de Tailandia Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Bangkok