Robert Gordon Wasson, nado en Great Falls (Montana) o 22 de setembro de 1898 e finado en Binghamton (estado de Nova York) o 23 de decembro de 1986, foi un etnobotánico e antropólogo estadounidense, pioneiro no estudo da etnobotánica. Os seus estudos centráronse na etnomicoloxía, especialmente os fungos enteoxénicos.http://www.muscaria.com/wasson.htm Foi vicepresidente de JP Morgan & Co (actualmente JPMorgan Chase).
Traxectoria O seu traballo sobre etnobotánica comezou durante a súa lúa de mel en 1927 coa súa esposa Valentina Pavlovna Guercken, interesada nas marcadas diferenzas culturais entre o enfoque dos fungos en Rusia e os Estados Unidos.
Os primeiros traballos da parella levaron á composición da obra Mushrooms, Russia and History publicada en 1957. No transcurso do seu traballo realizaron varias viaxes a México para estudar os usos relixiosos dos cogomelos por parte das poboacións autóctonas, visitaron a Serra Mazateca de Oaxaca onde coñeceron a María Sabina, chamada a sacerdotisa dos cogomelos, posteriormente en 1968 escribiu un libro sobre a experiencia que tivo cando foi o primeiro occidental en participar nun ritual de consumo de cogomelos sagrados. Puxeron en coñecemento do público en xeral a existencia destas substancias psicoactivas . En colaboración con Roger Heim realizaron estudos científicos sobre a composición dos cogomelos e Albert Hofmann identificou os principios activos e a estrutura química de dúas especies de cogomelos psilocibina.
Notas
Categoría:Micólogos Categoría:Nados en Montana Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade Columbia