Un asunto familiar (en ) é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Richard LaGravenese e escrito por Carrie Solomon. Está protagonizado por Nicole Kidman, Zac Efron, Joey King, Liza Koshy e Kathy Bates.

Estreouse en Netflix o 28 de xuño de 2024, onde conta con versión de dobraxe e subtitulado en galego.

Sinopse Conta a historia dunha escritora viúva que comeza unha relación cun actor para o cal traballa a súa filla.

Personaxes Nicole Kidman como Brooke Harwood Zac Efron como Chris Cole Joey King como Zara Ford Liza Koshy como Eugenie Kathy Bates como Leila Ford

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard LaGravenese Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego