Michael Stanley Dukakis, nado en Brookline, Massachusetts, o 3 de novembro de 1933, é un político estadounidense que foi dúas veces gobernador do Estado de Massachusetts (1975-1979 e 1983-1991), e candidato do Partido Demócrata á presidencia dos Estados Unidos nas eleccións presidenciais de 1988
Traxectoria É fillo dunha parella de inmigrantes gregos. É avogado en Boston e curmán da actriz Olympia Dukakis.
Carreira política Logo de ser electo gobernador en 1975 e 1983, concorreu ás as primarias do PD e venceu adversarios como Al Gore, Joe Biden e Jesse Jackson, o primeiro político afroamericano con posibilidades reais de ser candidato á presidência dos EUA.
Eleccións de 1988 Michael Dukakis perdeu as eleccións presidenciais de 1988 contra George H.W. Bush debido a unha campaña negativa centrada no caso de Willie Horton, un preso con cadea perpetua que cometera secuestro e asasinato ao saír da prisión temporalmente, foi presentado nun anuncio que acusaba Dukakis de ser brando co crime. O anuncio audiovisual propagandístico, feito por un PAC (Comité de Acción Política) e cargado de estereotipos raciais, tivo un grande impacto e levou á adopción de tácticas de campaña máis agresivas nas eleccións posteriores.
O 8 de novembro de 1988, a parella demócrata Dukakis-Bentsen perdeu co 45,6% dos votos fronte ao 53,4% da parella republicana Bush-Quayle. George H. W. Bush gañou 40 dos 50 estados, e Dukakis gañou 9 estados do norte e noroeste, e Hawai.
A pesar da derrota, Dukakis recibiu máis votos porcentuais que Walter Mondale en 1984 (40,56%) e que Bill Clinton en 1992 (vencedor e presidente co 43,01% dos votos).
Notas
Véxase tamén
Partido Demócrata (Estados Unidos de América)
Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Gobernadores dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América