O Castro de Gondaísque ou Castro Grande é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Gondaísque, no concello lucense de Vilalba.

Accédese ao castro pola N-634 en dirección a Baamonde (collendo o primeiro ramal á dereita ata chegar á igrexa de Boizán), despois cara á dereita ata o lugar do Castro.

Descrición Atópase nunha chaira irregular, consta dun recinto principal, de forma circular con varios foxos e parapetos. Ten dobre muralla defensiva. Presenta un amplo antecastro e os restos dunha vila romana ao seu carón (Vilar de Eimil).

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Gondaísque