Tribunal Penal Internacional para Ruanda (nome oficial en francés: Tribunal pénal international pour le Rwanda, TPIR) é un tribunal internacional creado en novembro de 1994 polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas para procesar aos responsábeis do xenocidio e outras violacións do dereito internacional ocorridos no territorio nacional de Ruanda en 1994, causada por funcionarios e cidadáns ruandeses entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1994.Consello de Seguridade das Nacións Unidas_ Resoluçión 955 S-RES-955(1994)

En 1995, o tribunal tiña a súa sede en Arusha, Tanzania e a partir de 1998 as súas actividades foron ampliadas. A ONU ordenou ao tribunal completar as súas investigacións en 2004, todas as actividades do xuízo en 2008 e concluír o traballo en 2010.

O Tribunal ten competencia en materia de xenocidio, crimes de lesa humanidade e crimes de guerra, que se definen como violacións dos artigos relativos a xenocidios cometidos en conflitos internos pola Convención de Xenebra.

En decembro de 2008, o Tribunal condenou a cadea perpetua aos tres principais líderes do goberno de etnia hutu que masacraron a 800.000 tutsis en 1994, Theoneste Bagosora, Aloys Ntabakuze e Anatole Nsengiyumva.CNN

Véxase tamén Outros artigos Xenocidio de Ruanda

Ligazóns externas Sitio web oficial do TPIR (en francés, inglés e kiñaruanda)

Categoría:Política de Ruanda Categoría:Xenocidio Categoría:Tribunais internacionais Categoría:ONU