Margaret Brooke Sullavan, nada en Norfolk (Virxinia) o 16 de maio de 1909 e finada en New Haven (Connecticut) o 1 de xaneiro de 1960, foi unha actriz estadounidense, célebre polos seus papeis en melodramas.
Traxectoria Sullavan descubriu a paixón polo teatro en Cambridge, Massachusetts, onde participou en varias pezas. Debutou en Broadway en 1931 con A Modern Virgin. Dous anos despois, contratada por Universal Pictures, protagonizou o melodrama de éxito Only Yesterday (1933).Quirk (1986), pp. 27–29. O seu seguinte filme, Little Man, What Now? (1934), confirmou a súa capacidade de emocionar o público.Quirk (1986), pp. 31–35. Seguírono outros triunos, como Three Comrades (1938), pola que foi candidata ao óscar, The Shop Around the Corner (1940), terceiro dos seus traballos con James Stewart e Back Street (1941), polo que recibiu algunhas das súas mellores críticas.
En 1931 casou con Henry Fonda, con quen traballara no teatro.Houghton (1951), pp. 254–257. O matrimonio durou poucos meses e rematou en divorcio, mais continuaron sendo amigos. O seu segundo marido foi o director William Wyler, que a dirixiu en The Good Fairy (1935).Quirk (1986), pp. 35, 44. A unión rematou tamén en divorcio despois de menos de dous anos. En 1936 Sullavan casou co axente Leland Hayward, con quen tivo tres fillos e do que se divorciou once anos despois.Quirk (1986), pp. 74–75, 90. Finalmente, en 1950, casou por última vez, agora co home de negocios inglés Kenneth Wagg, con quen ficou até a morte.
De espírito rebelde, insegura e con fobia do estrelato, Sullavan acabou facendo unha carreira curta no cinema. Reiteradamente rexeitaba un filme atrás do outro, razón pola que só traballou en dezaseis filmes. A mediados da década de 1940, co agravamento dunha xordeira persistente, afastouse do cinema. Aínda fixo un filme en 1950, mais a esa altura xa se dedicaba de corpo e alma á súa grande paixón, o teatro.
Morte Deprimida coas críticas negativas do seu último espectáculo, inxeriu unha dose excesiva de barbitúricos no día de Aninovo. En coma profundo, faleceu camiño do hospital. Segundo o laudo oficial, a morte foi por accidente, mais esa conclusión é contestada por moitos. A actriz contaba con apenas cincuenta anos de idade. Foi sepultada no Saint Mary's Whitechapel Episcopal Churchyard, no condado de Lancaster (Virxinia).
Filmografía Ano Título Personaxe 1933 Only Yesterday Mary Lane 1934 Little Man, What Now? Emma "Lämmchen" Pinneberg1935 The Good Fairy Luisa "Lu" Ginglebusher So Red the Rose Valette Bedford1936 Next Time We Love Cicely Tyler The Moon's Our Home Cherry Chester/Sarah Brown1938 Three Comrades Patricia "Pat" Hollmann The Shopworn Angel Daisy Heath The Shining Hour Judy Linden1940 The Shop Around the Corner Klara Novak The Mortal Storm Freya Roth1941 Back Street Ray Smith So Ends Our Night Ruth Holland Appointment for Love Dr. Jane Alexander 1943 Cry 'Havoc' Lt. Mary Smith 1950 No Sad Songs for Me Mary Scott
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Virtual History
Categoría:Nados en Norfolk, Virxinia Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Actores de Virxinia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por sobredose Categoría:Paseo da Fama de Hollywood