Juan Carlos Gauto, nado en Perito Moreno (Santa Cruz) o 2 de xuño de 2004, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no FC Basel, da Super Liga suíza.

Traxectoria

Huracán Ingresou na canteira de Huracán en 2015 e foi avanzando polas diferentes categorías inferiores do club, destacando pola súa calidade e velocidade. Tras pasar polo equipo sub-20, en 2020 o adestrador Israel Damonte subiuno ao primeiro equipo, co que asinou o seu primeiro contrato profesional. Con todo, a expansión da pandemia de COVID-19 truncou a súa progresión, polo que volveu ao segundo equipo. Dous anos despois regresou ao conxunto principal, co que debutou na Primeira División nun partido contra Tigre o 15 de abril de 2022. Marcou o seu primeiro gol o 18 de febreiro de 2023, diante de Barracas Central.

Basel O 28 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Basilea, da Super Liga suíza, que pagou por el uns 3,9 millóns de euros e co que asinou un contrato por cinco anos. Debutou no campionato helvético o 3 de setembro, nun empate 2-2 co Zúrich en St. Jakob-Park. Dúas semanas despois anotou os seus únicos dous goles co club de Basilea, nunha cómoda vitoria por 8-0 sobre o FC Bosphorus na Copa de Suíza.

Cesión ao Deportivo da Coruña Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Segunda División. Foi incorporado ao club galego co obxectivo de funcionar como revulsivo dos extremos Mella e Yeremay, pero apenas tivo protagonismo ao longo da tempada. Despois de xogar só 12 minutos nas primeiras 14 xornadas de liga, contou con máis oportunidades entre novembro e febreiro do ano seguinte, saltando ao terreo de xogo case sempre dende o banco de suplentes. Con todo, unha lesión no recto femoral en febreiro acabou practicamente coa súa tempada. Pechou o seu paso polo Deportivo con só 300 minutos disputados en 16 partidos, sumando dúas titularidades en liga e unha na Copa do Rei.

Regreso a Basilea De regreso en Basilea, a súa situación non mellorou e non chegou a xogar ningún minuto co primeiro equipo. Disputou, pola contra, catro partidos co equipo sub-21 na Promotion League.

Platense O 8 de xaneiro de 2026 anunciouse a súa volta á Arxentina para fichar polo Platense.

Selección nacional Foi convocado por Javier Mascherano para disputar coa selección sub-20 da Arxentina a Copa do Mundo sub-20 de 2023, celebrada no seu país natal. Participou en tres partidos, dous deles como titular, sendo eliminado o seu equipo nos oitavos de final a mans de Nixeria.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaInternacionalInclúe partidos de Copa Libertadores e Copa Suramericana.OutrosInclúe partidos da Copa da Liga da Arxentina.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesHuracán2022Primeira110----501602023Primeira231119010342Total club341119060502Basel2023/24Super Liga22012----2322024/25Terceira1000----10Total club230120000242Deportivo da Coruña2024/25Segunda15010----160Basel2025/26Super Liga000000--00Total carreira 72 1 33906 0 904

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na provincia de Santa Cruz Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CA Platense