María Jesús "Chus" Gutiérrez, nada en Granada o 26 de novembro de 1962, é unha directora, escritora e actriz española. Gutiérrez tivo experiencias de ida e volta entre España e os Estados Unidos, o que influíu na súa realización cinematográfica, xa que os seus filmes son coñecidos por tratar temas como a inmigración, a globalización e a multiculturalidade.
Traxectoria Gutiérrez, nada en Granada, trasladouse a Madrid coa súa familia en 1970. Marchou a Londres para aprender inglés en 1979, cando tiña 17 anos. Aos 21 anos trasladouse a Nova York para estudar cine en Global Village, baixo a instrución de Fred Barney Taylor. Aos 23 anos, matriculouse no City College of New York, CUNY e foi admitida no Picker Film Institute para continuar coa súa formación cinematográfica.
Gutiérrez traballou por primeira vez con Super 8, co que gañou experiencia no cinema. Participou en rodaxes de numerosas curtametraxes, ralizando funcións de produción e son.
Formou un grupo de flamenco-rap Xoxonees a finais dos 80. O grupo actuou durante algún tempo en diferentes locais de ocio de Nova York e Gutiérrez encargouse da gravación dos videoclips. En 1987 volveu a España para que o grupo gravase o seu disco, mais en 1989 o grupo disolveuse.
Desde os anos 90 traballou principalmente como directora. Non obstante, tamén actuou nalgúns filmes.
Vida persoal A súa irmá Blanca Li é coreógrafa, bailarina e cineasta e a súa filla, Alba Gutiérrez é actriz, guionista e directora.
Filmografía Ano Filme Notas1984Porro on the roofCurtametraxe1985Snikers of fireCurtametraxe1986TropicanaCurtametraxe1986Mery go roundCurtametraxe1987La cinta doradaCurtametraxe1988PezdroCurtametraxe1992Sublet1994Sexo oral1996Alma gitana1998Insomnio2002Poniente2004¡Hay motivo!Segmento "Adolescentes"En el mundo a cada ratoSegmento "Las siete alcantarillas"2005El CalentitoLunch TimeCurtametraxe2008Retorno a Hansala2009Cortos - es +Segmento "Sin pensarlo dos veces"El diario de ManuelCurtametraxe2010Mi Primer AmanecerCurtametraxeMe Gustaría Estar Enamorada... A Veces Me Siento Muy SolaCurtametraxeEllas son ÁfricaSegmento "Namibia - Las que viven en la niebla"2014Ciudad DelirioSacromonte, Los Sabios De La Tribu2015Droga Oral2020Rol & Rol2022Sin ti no puedo 2023De caperucita a lobo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1962 Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Directores de televisión Categoría:Guionistas de España