Arthur Andrew Kelm, nado en Manhattan o 11 de xullo de 1931 e finado en Santa Bárbara (California) o 8 de xullo de 2018, foi un actor e cantante estadounidense coñecido como Tab Hunter.
Traxectoria Hunter era fillo dos inmigrantes alemáns Charles Kelm (xudeu) e Gertrude Gelien (luterana). Despois de divorciárense, a nai trasladouse a California xunto cos seus dous fillos, recuperou o seu apelidos de solteira e cambio o apelidos dos seus fillos por este. Hunter uniuse á Garda Costeira aos quince anos, mentindo sobre a súa idade para alistarse. Nos seus derradeiros anos, a súa nai tivo problemas de saúde que obrigaron a que fose internada e recibiu tratamentos de choque; Hunter apoiouna ata o seu falecemento.
Comezou a empregar o seu nome artístico "Tab Hunter", suxerido polo seu primeiro axente, Henry Willson.The Man Who Invented Rock Hudson: The Pretty Boys and Dirty Deals of Henry Willson by Robert Hofler, published by Carroll & Graf, 2005, ISBN 0-7867-1607-X Entre os seus filmes están Island of Desire (xunto a Linda Darnell), o drama bélico Battle Cry, en que tiña un romance cunha muller máis vella, Outeiros ardentes (con Natalie Wood), That Kind of Woman (con Sophia Loren), Gunman's Walk (western con Van Heflin) e The Pleasure of His Company (con Debbie Reynolds). Estes títulos cimentaron o seu éxito como galán cinematográfico.
En setembro de 1955, a revista Confidential informou de que Hunter fora arrestado en 1950 por conduta desordenada. O artigo tamén facía referencia á estadía en prisión do tamén actor Rory Calhoun. O artigo xurdiu dun trato co axente Henry Willson, que non desexaba que se revelase publicamente a orientación sexual do seu cliente máis destacado, Rock Hudson. Isto non tivo efectos negativos na carreira de Hunter nin na de Calhoun: uns meses despois, Hunter foi considerado a "nova personalidade máis prometedora" ("Most Promising New Personality") nunha enquisa nacional patrocinada polo Council of Motion Picture Organizations.Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star by Tab Hunter with Eddie Muller, published by Algonquin Books, 2005, pp. 116–118 ISBN 1-56512-466-9 En 1956, recibiu 62 000 felicitacións por San Valentín. Hunter, James Dean e Natalie Wood foron os últimos actores en ter contrato en exclusiva cos estudios Warner Bros.
Tivo éxito en 1957 coa canción "Young Love", que acadou o número un no Billboard Hot 100 durante seis semanas e foi un dos éxitos de maior percorrido durante a era do rock and roll.
O 9 de xullo de 1960 foi arrestado pola policía de Glendale, California, sendo exculpado tralo xuízo celebrado en outubro ante a falsidade das acusacións. A principios dos anos 1960 non conseguiu obter o papel de Tony na adaptación cinematográfica do musical West Side Story. Hunter tivo o seu propio programa televisivo, The Tab Hunter Show, no canal NBC, que só se mantivo en emisión unha temporada (1960-1961), aínda que se converteu nunha das comedias de situación de maior audiencia no Reino Unido.Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star, pp. 227–235 Estableceuse no sur de Francia e actuou nalgúns filmes europeos: No importa morir, de León Klimovsky, ou o spaghetti western La vendetta è il mio perdono de Roberto Mauri.
Reapareció na década de 1980 en diversas comedias, como Polyester, de John Waters, que o emparellou con Divine; Pandemonium, unha parodia do cinema de terror para adolescentes; Grease 2, secuela do coñecido musical; ou Lust in the Dust (1985), de Paul Bartel, de novo con Divine. En 1992 escribiu o guión de Dark Horse, en que tamén actuaba.
Hunter faleceu aos 86 anos a causa dun ataque cardíaco derivado dunha trombose venosa profunda.
Vida persoal Hunter foi amigo íntimo de Etchika Choureau, a súa compañeira de elenco en Lafayette Escadrille e de Joan Cohn, viúva de Harry Cohn, coas que contemplou a posibilidade do matrimonio, ademais de manter amizade con outras actrices de Hollywood, aínda que nunca casou. Hunter mantivo unha longa relación co tamén actor Anthony Perkins e co campión de patinaxe Ronald Robertson, antes de comezar a súa relación con quen foi a súa parella durante máis de trinta anos, Allan Glaser.
Durante a era dos estudios en Hollywood, Hunter admitiu que ser gay entón era un problema, non se sentía cómodo no mundo da actuación e viuse obrigado a manter con dificultade unha dobre vida.Ver Tim Parks, «The many lives of Tab Hunter», en Gay and Lesbian Times, 15 de decembro de 2005.
Hunter escribiu unha autobiografía, Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star (2006), coescrita co especialista en xénero negro Eddie Muller, que se converteu nun best-seller de The New York Times. O libro continuou a reeditarse e foi nomeado a algúns galardóns. No libro, Hunter confirmou a súa homosexualidade e rexeitou a veracidade dos seus romances con Natalie Wood ou Debbie Reynolds.William L. Hamilton, «Did Success Spoil Tab Hunter?», The New York Times, 18 de setembro de 2005.
Filmografía AnoTítuloPersonaxeNotas1950 The LawlessFrank O'BrienTamén coñecido como The Dividing Line1952 The Island of DesireMarine Corporal Michael J. "Chicken" DuganTamén coñecido como Saturday Island1953 Gun BeltChip Ringo The Steel LadyBill LarsonTamén coñecido como Treasure of Kalifa1954 Return to Treasure IslandClive StoneTamén narrador Track of the CatHarold Bridges1955 Battle CryDanny Forrester The Sea ChaseCadet Wesser1956 Outeiros ardentesTrace Jordan The Girl He Left BehindAndy L. Shaeffer1958Gunman's WalkEd HackettLafayette EscadrilleThad WalkerDamn YankeesJoe HardyTamén coñecido como What Lola Wants1959They Came to CorduraLt. William FowlerThat Kind of WomanRed1961The Pleasure of His CompanyRoger Henderson1962The Golden ArrowHassan1963Operation BikiniLt. Morgan Hayes1964Ride the Wild SurfSteamer LaneTroubled WatersAlex Carswell1965City Under the SeaBen HarrisTamén coñecido como War Gods of the Deep The Loved OneWhispering Glades Tour Guide1966Birds Do ItLt. Porter1967The Fickle Finger of FateJerrytamén coñecido como El Dedo del Destino e The Cup of San SebastianHostile GunsMike Reno1968Vengeance Is My ForgivenessSheriff DurangoThe Last ChancePatrick Harris1969Bridge over the ElbeRichard1972Sweet KillEddie CollinsThe Life and Times of Judge Roy BeanSam Dodd1975Timber TrampsBig Swede1976Won Ton Ton, the Dog Who Saved HollywoodDavid Hamilton1981PolyesterTodd Tomorrow1982PandemoniumBlue GrangeGrease 2Mr. StuartAnd They're OffHenry Barclay1985Lust in the DustAbel WoodProdutor executivo1988Out of the DarkDriverGrotesqueRodCameron's ClosetOwen LansingProdutor executivo1992Dark HorsePerkinsProdutor executivo e guionista2015Tab Hunter ConfidentialEl mesmoDocumental
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Half-Hour TV Interview via Vimeo.com
Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Paseo da Fama de Hollywood