José Pedro Croft, nado no Porto en 1957, é un artista portugués. A súa obra ten unha especial referencia na arquitectura, a través da organización do espazo formal e do concepto de monumento e a súa deconstrución. Reside en Lisboa.

Traxectoria miniatura|esquerda|Parque de Escultura Contemporánea, Vila Nova da Barquinha. Realizou o curso de Pintura entre 1976 e 1981 na antiga Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, integrada posteriormente na Universidade de Lisboa, cidade na que reside desde adolescente, cando se mudou coa súa familia despois dunha breve estadía na Galiza.

É contemporáneo de Pedro Calapez, Pedro Cabrita Reis e Ana Léon, tendo exposto xunto con eles. En tempos de estudante foi un dos impulsores da revista Arte Opinião (1978-1982).

Durante os anos 80 traballou moito na escultura en pedra, baixorrelevo e modelaxe, sendo moi influenciado por João Cutileiro con quen colaborou nos primeiros anos de traballo. Esta fase artística súa estivo moi ligada á imaxe da morte e da tumba. Despois comezou a explorar un aspecto arquitectónico, onde prima a escala humana, modelando arcos e columnas mediante a acumulación de pezas e residuos industriais.

Na década dos 90 incorporou pezas cotiás ás súas obras, como cadeiras e mesas, creando volumes ordenados para producir recordos e probar a estabilidade, o peso e a súa disposición. Máis tarde introduce o espello e a fragmentación dos obxectos, creando así unha nova espacialidade a través da deconstrución.

Ao longo dos anos acadou un importante status no panorama artístico nacional e internacional, tendo participado en varias exposicións internacionais, realizando exposicións individuais na Fundación Calouste Gulbenkian (1994) e unha retrospectiva no Centro Cultural de Belém (2002).

Distincións

O 10 de xuño de 1992 foille concedido o título de Cabaleiro da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Illa das Esculturas

Categoría:Escultores de Portugal

Categoría:Nados en 1957

Categoría:Nados no Porto