José Luis Costa Pillado, nado en Cambados en 1954, é un maxistrado galego. Desde 2024 forma parte do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na carreira xudicial en 1983. Durante a súa carreira como xuíz exerceu en Eivisa, A Estrada, e Pontevedra, chegando a ocupar o posto de xuíz decano nesta última.

En 2003 ingresou como maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En 2008 ingresou como conselleiro no Consello Consultivo de Galicia, chegando a ser nomeado presidente desa institución en 2021. En 2024 foi nomeado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, cargo que ocupa actualmente.

Véxase tamén Ligazóns externas José Luis Costa Pillado, Consello Xeral do Poder Xudicial.

Categoría:Nados en Cambados Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes