miniatura|dereita|Castelo Skokloster.
Nicodemus Tessin o Vello, nado en Stralsund en 1615 e finado en Estocolmo en 1681, foi un importante arquitecto barroco sueco.
Traxectoria Foi discípulo do francés Simon de La Vallée, que era arquitecto de corte en Suecia. Logo dunha viaxe a través de Europa nos anos 1651-1652, volveu a Suecia. No 1661 foi nomeado arquitecto da cidade de Estocolmo. A súa principal obra é o Castelo de Drottningholm realizado nun estilo barroco personalizado, derivado das escolas neerlandesa, francesa e italiana. Realizou ademais numerosas pequenas edificacións na capital sueca. O seu fillo Nicodemus o Novo suceuno como principal arquitecto sueco.
Obras principais Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares. Castelo de Drottningholm, iniciado en 1662, hoxe Patrimonio da humanidade. Casa do concello de Gotemburgo (1670) Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa. Castelo Skokloster, en Slottskogen. Palacete Wrangel, en Estocolmo.
Categoría:Arquitectos do Barroco Categoría:Nados en Stralsund Categoría:Nados en 1615 Categoría:Finados en 1681