José Soto Pombo, nado en Cuba cara a 1922, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Chofer na Coruña, domiciliado nos Castros. Foi detido en maio de 1945 con Manuel Bello Parga, José Blanco Núñez e Francisco Cousillas Pombo e ingresaron na Prisión Provincial. Saíu en decembro. O Xulgado Militar Especial da Coruña publicou en abril de 1946 unha requisitoria contra el como implicado na causa 159/45."Requisitoria", La Voz de Galicia, 26-4-1946, p. 5. Tamén foi encartado na causa 271/46. Foi detido en xullo de 1947. Pasou pola prisión de Burgos e saíu en liberdade condicional en outubro de 1948.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Cuba
Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en 1922 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes