Xosé Manuel Budiño, nado en Moaña en 1969, é un músico e gaiteiro galego.

Traxectoria A comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía.

En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).

No seu álbum Fulgor (2019), Budiño interpreta por primeira vez coa súa voz as melodías das cancións. Neste álbum mestura elementos da música tradicional galega coa electrónica ou o pop.

A carreira musical de Budiño permitiulle levar a música galega polo mundo, con actuación en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Frankfurt, Milán, Glasgow ou Cidade de México.

Discografía 1997 - Paralaia 2000 - Arredor 2004 - Zume de Terra 2004 - Colabora no disco do cantautor Xil Ríos Vai e ven como frautista no tema "Alalá o meu mare" 2007 - Home (coas colaboracións de Xoel López, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Jorge Pardo e Jacky Molard) 2010 - Volta 2013 - Sotaque 2019 - Fulgor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do artista

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Grupos musicais de Galicia