miniatura|Kazuyo Sejima. miniatura|Comisaría de policía na estación de Choju. miniatura|Apartamentos Kitagata.
Kazuyo Sejima (妹島 和世, せじま かずよ), nada na Prefectura de Ibaraki en 1956, é unha arquitecta xaponesa. En 1995 fundou canda a Ryue Nishizawa a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados). Ademais de SANAA, Sejima e Nishizawa levan a cabo estudos independentes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto ao seu compañeiro, Ryue Nishizawa, foi galardoada co Premio Pritzker.
Traxectoria Graduada en Arquitectura no 1981 pola Universidade de Mulleres do Xapón, comeza a colaborar na firma Toyo & Associates nese mesmo ano. Seis anos despois, no 1987, empeza a súa carreira en solitario co Estudo que leva o seu nome, Kazuyo Sejima & Associates. Será no 1992 cando a nomeen nova arquitecta do ano no Xapón. Dende o 2000 foi profesora invitada en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward, da Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza e da Universidade de Princeton (Estados Unidos de América. Dende o 2001 é profesora da Universidade de Keio, Tokyo.
Obras 1987. Programa de usos I: Casa de vacacións en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón. 1988. Programa de usos II: Estudio no distrito de Kitakoma, prefectura de Yamanashi, Xapón. 1990. Almacén deportivo de Castelbajac, Prefectura de Kanagawa, Xapón. 1990. Apartamentos de mulleres da empresa Seiyaku Saishunkan, Kumamoto, prefectura de Kumamoto, Xapón. 1990. Casa N, Kumamoto, Xapón. 1991. Sala de xogos de Pachinko I, Hitachi, prefectura de Ibaraki, Xapón. 1992. Casa no bosque en Chino, prefectura de Nagano, Xapón. 1993. Sala de xogos de Pachinko II, Naka, prefectura de Ibaraki, Xapón. 1993. Casa E en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón. 1993. Kōban de policía localizado kitaguchi na estación de Chōfu, Chōfu, prefectura de Tokyo, Xapón. 1994. Apartamentos Kitagata, prefectura de Gifu, Xapón. 1995. Sala de xogos de Pachinko III, Hitachiōta, prefectura de Ibaraki, Xapón. 1996. Edificio de oficinas O en Ibaraki, Xapón. 1999. Pequena casa en Tokyo, Xapón. 1999. Residencia de estudantes Kozankaku, Mito, prefectura de Ibaraki, Xapón. 1999. Almacén hhstyle.com en Shibuya, prefectura de Tokyo, Xapón. 2000. Edificio de oficinas Asahi Shimbun Yamagata, prefectura de Yamagata, Xapón. 2001. Casa nun bosque de ameixeiras en Tokyo, Xapón. 2003. Centro cívico Onishi en Prefectura de Gunma, Xapón. 2005. Xardíns Yu-xi en Taipei, Taiwán. 2005. Clínica Dental en Tsuyama, prefectura de Okayama, Xapón. 2005. Vivendas Seijo en Tokyo, Xapón. 2006. Edificio Toyota Aizuma en Toyota, prefectura de Aichi, Xapón. 2006. Apartamentos Okurayama en Yokohama, prefectura de Kanagawa, Xapón.
Premios 1988. Premio Kazuma, revista SD 1988 (Platforma I & II). 1989. Premio Especial de Arquitectura Residencial da Asociación de Arquitectos de Tokyo (Platform I). 1989. Premio Yoshizaka, Japan Architect (Platforma I). 1992. Arquitecto Novo do Ano, Instituto de Arquitectos do Xapón (Residencia Femenina Saishunkan Seiyaku). 1994. Premio '94 ao Deseño de Espazos Comerciais (Pachinko Parlor I & II). 1994. Casa no Bosque recibe o Premio á Obra de Arquitectura do ano '94 . 2010. Premio Pritzker.
Notas
Véxase tamén Outros artigos SANAA Ryue Nishizawa
Ligazóns externas Firma SANAA Kazuyo Sejima no blog Un día una Arquitecta
Categoría:Arquitectos do Xapón do século XX Categoría:Arquitectos do Xapón do século XXI Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados na prefectura de Ibaraki