Santiago Rey N., alcumado Agapito, finado en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Guerrilleiro. En 1943 participou nun atraco en Lousame con Ramón Díaz Hermo e José Vidal Bugallo. Detido pola Garda Civil de Santiago de Compostela con Ramón Díaz Hermo, José Vidal Bugallo e José María Rodríguez Eiras. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 259/44 o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2. Foi executado en Santiago de Compostela xunto con con Ramón Díaz Hermo ás 8 da mañá do 19 de febreiro de 1945.La Voz de Galicia, 20-2-1945, p. 4.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1945