Irea é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego Eirḗnē ('paz', 'deusa da paz'), adaptado ao latín como Irene. En galego tamén ten as variantes Irene, Irena, Eirea e Erea.
En xaneiro de 2023 existían 153 mulleres en Galicia co nome Irea, cunha media de idade de 14,6 anos,Nome Irea na Web do Instituto Galego de Estatística 5 119 co nome Irene, cunha media de idade de 35,3 anos,Nome Irene na Web do Instituto Galego de Estatística 13 co nome Irena, cunha media de idade de 29,1 anos,Nome Irena na Web do Instituto Galego de Estatística e 562 co nome Erea, cunha media de idade de 10,2 anos.Nome Erea na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Eirea.
Irea noutras linguas Alemán: Irene Aragonés: IreneEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Irene Catalán: Irene Éuscaro: Irea / Irene Francés: Irine / Irène Inglés: Eirene / Irene Italiano: Irene Portugués: Iria / Irene Romanés: Irina Ruso: Irina
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos