Manuel Torres Sas, nado en Lugo e finado en Ferrol o 10 de marzo de 1984, foi un político galego.
Traxectoria Foi nomeado vicesecretario da Agrupación Socialista de Ferrol a principios de 1934.La Voz de Galicia, 3-1-1934, p. 8. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por dar "berros subversivos" a principios de outubro,La Voz de Galicia, 13-10-1934, p. 10. e compareceu ante o Tribunal de Urxencia o 13 de novembro.La Voz de Galicia, 14-11-1934, p. 4. En 1935 foi designado administrador de El Obrero.El Obrero, 11-5-1935, p. 1. En 1942 foi procesado en Ferrol por "excitación á rebelión" na causa 285/42 con Alfredo Rebollar Martínez, Manuel Alcántara Fernández, Antonio Bouzas Costa, Ángel Caruncho Leira, Alberto Fernández Gómez, Rosa Fernández Vidal, José García Filgueira, Felipe Gregorio Cambón, Manuel López Roibás, Rafael Losada Fernández, Genaro Rey López, Ángel Valcárcel Piñeiro e José Varela Cachaza. Cumpriu condena na Prisión Militar do Castelo de San Filipe de Ferrol, de onde saíu en liberdade condicional en novembro de 1944.BOE, 13-12-1944, p. 9391-9392. Finou en Ferrol o 10 de marzo de 1984.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-3-1984, p. 58.
Vida persoal
Casou con Dolores Medina Barros e foi pai de Joaquín, José Manuel e Luciano Torres Medina.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1984