Sir Christopher Wren (20 de outubro de 1632 – 25 de febreiro de 1723), foi un astrónomo, xeómetra e o máis grande dos arquitectos ingleses da súa época. Wren proxectou 53 igrexas en Londres, incluíndo a catedral de San Paulo, así como moitos edificios civís. Xogou un papel decisivo na reconstrución da cidade londiniense logo do Grande Incendio do 1666, que arrasou a urbe. Foi un dos fundadores da Royal Society (presidente no período 1680–82), sendo a súa obra científica admirada por Isaac Newton e Blaise Pascal.

Traxectoria miniatura|200px|Catedral de San Paulo, proxecto final. Wren é sobre todo coñecido por proxectar a Catedral de San Paulo de Londres, unha das poucas catedrais inglesas construídas desde a Idade Media, e a única catedral de estilo barroco-clasicista no seu país. A pesar da forte oposición - inspiraríase na Basílica de San Pedro de Roma -, acertou a construír un edificio de valor absoluto, que é a segunda igrexa do mundo polas súa dimensións.

Nado en 1632 en Wiltshire, Wren era fillo do Decano de Windsor, cargo de nomeamento real que trouxo problemas e persecución á súa familia durante o Commonwealth, o goberno puritano de Richard Cromwell (1649 - 1660). Durante a súa adolescencia coñeceu o príncipe Carlos, que máis tarde subiu ao trono como Carlos II, que o empregaría como arquitecto de confianza. Estudou na Westminster School (onde Dr. Busby, que a presidía, albergaba encubertamente xoves de familias realistas en dificultades), logo no Wadham College, en Oxford, e finalmente foi admitido no colexio All Souls (Colexio de Todos os Santos, Oxford). No 1657 pasa a ser profesor de astronomía no Gresham College e catro anos despois obtén a cátedra de astronomía da fundación Savile de Oxford, que rexería ata a súa dimisión en 1673. Newton, rara vez disposto a louvar os seus colegas, recoñeceuno como un brillante científico. Wren estivo entre os membros fundadores da Royal Society, que presidiu de 1680 a 1682.

A súa primeira proba real como arquitecto foi o teatro Sheldonian, aínda visíbel en Oxford; logo proxectou varios edificios universitarios máis, tanto en Oxford como en Cambridge, entre eles a capela do Pembroke College e a do Emmanuel College, en Cambridge.

Despois do Grande Incendio de Londres de 1666, foi escollido como arquitecto da nova Catedral de San Paulo, que debía ser ergueita sobre os restos da igrexa medieval. En consecuencia Wren dedicaríase en corpo e alma á arquitectura. O proxecto e a construción da nova catedral requiriu 35 anos, entre 1675 e 1710. Ao tempo Wren, xunto cos seus colegas Robert Hooke e Nicholas Hawksmoor, proxectou numerosos aoutros edificios, como 53 igrexas en Londres para substituíren as 87 destruídas no incendio. Moitas delas están aínda en pé, como St Bride's, St Mary le Bow, St Clement Danes, St Benet Paul's Wharf e St Stephen Walbrook (ver a lista de obras abaixo). Ademais colaborou no proxecto do Monumento do Grande Incendio de Londres, o Observatorio Real de Greenwich , o Chelsea Hospital, o hospital de Greenwich, Marlborough House, o Ashmolean Museum de Oxford, a Wren Library (Biblioteca Wren) no Trinity College de Cambridge, e outras destacadas edificacións.

Christopher Wren foi nomeado Cabaleiro en 1673, e foi membro do Parlamento nos anos 1685-1688 e 1702-1705.

Aubrey refire que Wren ingresou na masonería en 1691, supoñéndose que foi o Grande Mestre en 1717, mais faltan probas de tal aserto.

Wren morreu no 1723. Está sepultado na súa igrexa de San Paulo. A inscrición que lle foi dedicada no interior do edificio reza: "Lector, si monumentum requiris, circumspice" ("O tu que les, se buscas o seu monumento, olla arredor").

Obras principais 200px|dereita|miniatura|Monumento do Grande Incendio de Londres

Capelas Capela da Universidade de Pembroke (Cambridge) Capela da Universidade Emmanuel (Cambridge) Capela católica do palacio de Whitehall

Igrexas Subsistentes Igrexa de Saint-Andrew by the Wardrobe, Londres Igrexa de Saint-Andrew, Holborn, Londres Igrexa de Saint-Anne e St Agnes, Gresham Street, Londres Igrexa de Saint-Benet Fink, Threadneedle Street, Londres Igrexa de Saint-Benet Paul's Wharf, Queen Victoria Street, Londres Igrexa de Saint-Bride, Fleet Street, Londres Igrexa de Saint-Clement Danes, Strand, Westminster Igrexa de Saint-Clement Eastcheap, Londres Igrexa de Saint-Dunstan in the East, Londres Igrexa de Saint-Edmund the King, Lombard Street, Londres Igrexa de Saint-James Garlickhythe, Garlick Hill, Londres Igrexa de Saint-James's Piccadilly, Westminster Igrexa de Saint-Lawrence Jewry, Londres Igrexa de Saint-Magnus Martyr, Lower Thames Street, Londres Igrexa de Saint-Margaret Pattens, Londres Igrexa de Saint-Margaret, Lothbury, Londres Igrexa de Saint-Martin Ludgate, Londres Igrexa de Saint-Mary Abchurch, Londres Igrexa de Saint-Mary Aldermanbury, Londres Igrexa de Saint-Mary-at-Hill, Thames Street, Londres Igrexa de Saint-Mary-le-Bow, Cheapside, Londres Igrexa de Saint-Michael Paternoster Royal, College Hill, Londres Igrexa de Saint-Michael, Cornhill, Londres (torre e parte superior do edificio principal) Abadía de Saint-Nicholas Cole, Londres Catedral de San Paulo de Londres Igrexa de Saint-Peter upon Cornhill, Cornhill, Londres Igrexa de Saint-Stephen Walbrook, Londres Igrexa de Saint-Vedast alias Foster, Foster Lane, Londres Igrexa de Ingestre, Staffordshire

Destruídas All Hallows the Great, Lombard Street, Londres All Hallows, Bread Street, Londres All Hallows, Lombard Street, Londres Christ Church Newgate, Newgate Street, Londres Saint-Alban, Wood Street, Londres Saint-Anne's Church, Soho Saint-Antholin, Watling Street, Londres Saint-Augustine e St Faith, Watling Street, Londres Saint-Bartholomew-by-the-Exchange, Exchange, Londres Saint-Benet, Gracechurch Street, Londres Saint-Christopher-le-Stocks, Threadneedle Street, Londres Saint-Dionis Backchurch, Fenchurch Street, Londres Saint-George, Botolph Lane, Londres Saint-Mary Aldermary, Bow Lane, Londres Saint-Mary Magdalene, Old Fish Street, Londres Saint-Mary Somerset, Thames Street, Londres Saint-Matthew, Friday Street, Londres Saint-Michael Queenhithe, Upper Thames Street, Londres Saint-Michael, Crooked Lane, Londres Saint-Michael, Wood Street, Londres Saint-Mildred, Bread Street, Londres Saint-Mildred, Poultry, Londres Saint-Olave Old Jewry, Londres Saint-Stephen Coleman, Coleman Street, Londres Saint-Swithin London Stone, Cannon Street, Londres

Palacios e outros monumentos Palacio de Winchester, Winchester Apartamento da Raíña con xardín en terraza, Whitehall Palace Modernización do Palacio de Hampton Court Reconstrución do Palacio de Kensington Court House, Windsor The Custom House, Londres The Navy Office, Seething Lane, Londres Guard House, Castelo de Windsor The Monument, Fish Street Hill, Londres

Hospitais Hospital real de Chelsea Hospital de Greenwich ou Hospital real da Mariña

Edificios universitarios e científicos Eton College, Buckinghamshire Escola do Christ's Hospital, Londres Escola de St John Moore, Appleby, Leicestershire Colexio de William and Mary, Williamsburg, Virginie, États-Unis Garden Quadrangle, Trinity College, Oxford Edificio Williamson do Queen's College, Oxford Biblioteca da catedral de Lincoln, Lincoln Biblioteca do Trinity College, Cambridge Observatorio real de Greenwich, Greenwich

Teatros Sheldonian Theatre, utilizado pola Universidade de Oxford para as súas cerimonias Teatro de Drury Lane, Londres

Categoría:Arquitectos de Inglaterra Categoría:Nados en Wiltshire Categoría:Nados en 1632 Categoría:Finados en 1723 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford