centro|225px|Estrutura química do diacepam.Estrutura química do diacepam7-cloro-1,3-dihidro-1-metil-5-fenil-2H-1,4-benzodiazepin-2-ona Nomenclatura IUPAC Número CAS 439-14-5 Código ATC N05BA01Fórmula químicaC16H13ClN2OPeso molecular284,7 g/molBiodispoñibilidade94 % (practicamente completa)MetabolismoHepáticoVida media de eliminaciónbifásica: 1 a 2 días / 2 a 5 días, metabolitos activos con vidas medias prolongadasExcreciónRenalCategoría embarazoD (EUA) C (Aus)Situación legalPsicotrópico:Lista IV (internacional) O temacepam (que tamén leva os nomes das marcas comerciais Restoril®, Normison®, e Euhypnos®) é unha potente droga hipnótica, derivada das benzodiacepinas . Posúe propiedades ansiolíticas, hipnóticas, anticonvulsionantes, amnésicas, sedativas e tamén é un relaxante muscular.
O diacepam é usado para tratar estados de ansiedade e tensión, e é a benzodiacepina máis efectiva para o tratamento de espasmos musculares. É unha das benzodiacepinas estándar máis frecuentemente administradas tanto a pacientes internados en clínicas como ambulatorios. Foi englobado na Lista de drogas esenciais da OMS.
Acción terapéutica Como todas as drogas da súa clase, actúa deprimindo a condución nerviosa nas neuronas do sistema nervioso central, producindo dende unha leve sedación ata hipnose ou coma en función da dose administrada.
Presúmese que o seu mecanismo de acción consiste en potenciar ou facilitar a acción inhibitoria do neurotransmisor ácido gamma-aminobutírico (GABA), mediador químico da inhibición tanto en nivel presináptico como postsináptico, en todas as rexións do sistema nervioso central.
Farmacocinética Administrado por vía oral, absórbese ben no tracto gastrointestinal. Por vía IM, en xeral a absorción é rápida e completa. O estado de equilibrio da concentración no plasma sanguíneo prodúcese entre os 5 días e 2 semanas. A eliminación da substancia é lenta xa que os metabolitos activos poden permanecer no sangue varios días ou semanas producindo posiblemente efectos residuais. O inicio de acción é evidente aos 15-45 minutos despois da súa administración oral; por vía IM, antes dos 20 minutos; e por vía IV, entre 1 e 3 minutos. Eliminase por vía renal.
Indicacións O diacepam indícase (por vía oral) para tratar a ansiedade, trastornos psicosomáticos, cabaleiro, espasmos musculares. Por vía IM ou IV, en sedación previa a intervencións (endoscopias, biopsias, fracturas); estados de excitación motora, delirium tremens, convulsións.
Categoría:Benzodiacepinas Categoría:Ansiolíticos Categoría:Hipnóticos