A lingua nawathinehena é unha lingua morta da familia algonquina, falada outrora entre os arapaho. O seu desenvolvemento fonolóxico era bastante diferente das linguas atsina ou o propio arapaho, coas cales estaba emparentada. Foi identificada como a lingua dos arapaho do sur, os cales comezaron a falar só arapaho no século XIX. Porén, a lingua non está ben documentada, xa que só se conserva un vocabulario recollido en 1899 por Alfred L. Kroeber dun arapaho en Oklahoma.

Fonoloxía Aínda que comparte moitas innovacións fonolóxicas importantes co arapaho, presenta a fusión de *r, *θ e *s con *t como t no canto de n como en arapaho, un cambio de son que lembra ás linguas siksiká e cheyenne.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo arapaho