Robert Gregory Bourdon, nado o 20 de xaneiro de 1979 en Calabasas (California), é o batería da banda de nu metal Linkin Park.
Biografía Comezou a tocar a batería á idade de dez anos tras ver un concerto de Aerosmith. Xa que a súa nai tivo unha relación con Joey Kramer, o batería de Aerosmith, Bourdon puido estar no backstage e ver toda a produción.
Nos seus primeiros dez anos, Bourdon tocou nalgunhas bandas cos seus amigos. Foi naquela época cando coñeceu ao seu actual compañeiro en Linkin Park, Brad Delson, e tocaron xuntos durante un ano nunha banda, Relative Degree.
Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Calabasas