Keum Suk Gendry-Kim (en ), nada co apelido Kim en Goheung, un condado rural do extremo sur de Corea do Sur, en 1971, é unha debuxante de banda deseñada e tradutora coreana.

Traxectoria Por razóns económicas sendo nena trasladouse coa familia desde esa contorna rural á capital do país, Seúl. Criouna sobre todo a irmá máis vella, dado que tanto a nai coma o pai traballaban fóra da casa. Este capítulo da súa vida cóntao no seu álbum Le chant de mon père, que coma algunhas outras obras súas foi escrita orixinalmente en francés.

Comezou a estudar Pintura Occidental na Universidade Sejong, en Seúl, e en 1994, con 23 anos, marchou vivir primeiro a París e anos máis tarde a Estrasburgo. En 1998 licenciouse en Arte, coa especialidade en escultura e instalacións, na Escola de Artes Decorativas de Estrasburgo. Logo de licenciarse aínda quedou outro ano máis en Francia para continuar os estudos. Durante este ano traballou como profesora axudante e como asistenta para estudantes coreanos de intercambio. Tamén completou o seu posgrao en Encadernación.

En 1997, cando a nai de Kim foi botar algún tempo canda ela en París, soubo da historia da nai, a quen separaran da súa irmá durante a Guerra de Corea. Esta experiencia contaríaa máis tarde no seu álbum A espera.

Despois da etapa na Escola de Artes Decorativas de Estrasburgo, realizou algunhas exposicións e residencias noutros países, mais atravesou dificultades financeiras. Así foi que comezou a traballar a tempo parcial como tradutora de banda deseñada coreana ao francés, e ese traballo foi o que fixo que desenvolvese interese neste xénero narrativo. Ao longo da súa vida Keum Suk Kim chegou a traducir un cento de novelas gráficas, aproveitando a vizosidade do mercado galo de banda deseñada.

Neses anos que botou en Francia, Keum Suk Kim coñeceu a Loïc Gendry, e casou con el. Canda Gendry, que lle deu a metade do seu novo apelido, trasladouse a Corea do Sur en 2011.

Comezou a debuxar viñetas para xornais da comunidade coreana en Francia, como o 'Han Weekly' ou 'France Zone', e neses medios creou 'Petitya', unha serie de seis anos sobre a experiencia de vivir como coreana en Francia. Ademais, Gendry-Kim xa publicara algúns traballos de banda deseñada máis breves en 2010 (como Véronique, La veille ou Gravir la montagne), mais o seu verdadeiro debú fíxoo en 2012 con Le chant de mon père, a ementada peza autobiográfica que publicara en francés Éditions Sarbacane. Estas primeiras obras escribiunas directamente en francés.

En 2013, traballou nunha breve historia en banda deseñada que chamou Segredo, baseado no testemuño das vítimas da guerra de Corea. Iso serviulle de ensaio para executar a obra que lle deu máis popularidade en todo o mundo: Herba (풀). Esta novela gráfica narra unha pescuda xornalístico-emocional sobre as escravas sexuais coreanas, mulleres que foron deportadas e explotadas sexualmente polo Exército xaponés durante a colonizació e os conflitos bélicos da metade do século XX. Herba foi das súas obras a que primeiro se traduciu ao galego (Alba Verea para Rinoceronte, en 2024), e a primeira que se traduciu directamente do coreano ao galego.

Ademais de banda deseñada para adultos e do seu labor como tradutora tamén ten feito banda deseñada e narrativa para a rapazada, así como álbums ilustrados.

Vida persoal Vive na illa Ganghwa, no norte do país.

Obra

Le chant de mon père (2012). De case en case: portraits de 15 bédéistes sud-coréens (2015), a canda o seu home Loïc Gendry. 지슬 (2014). Jiseul (libro de O Muel ilustrado por Gendry-Kim). Herba (2017), 풀, traducido por Alba Verea (Rinoceronte, 2024). 준이 오빠 (2018). Jun. 나목 (2019). A árbore espida. Alexandra Kim, la sibérienne (2020), baseado nunha novela de Jung Cheol-Hoon. 기다림 (2020). A espera. 개 (2021). Cans 시간이 지날수록 빛나는 (2022). Cada vez máis brillante. 내일은 또 다른 날 (2023). Mañá será outro día 내 친구 김정은 (2024). O meu amigo Kim Jong-Un.

Premios +GalardónsObraCategoríaPremioAnoResultadoHerbaNon-ficciónPremio Believer2020CandidataHerbaMellor Libro de Banda deseñada do AnoThe Cartoonist Studio Prize2020GañadoraHerbaMellor novela gráficaBig Other Book Award2020GañadoraHerbaMellor novela gráficaPremios Literarios doLA Times2020CandidataHerbaMellor obra baseada en feitos reaisPremio Eisner2020CandidataHerbaMellor Escritor/ArtistaPremio Eisner2020CandidataHerbaMellor edición estadounidense dunha obra internacionalPremio Eisner2020CandidataHerbaLibro do AnoHarvey Award2020CandidataHerbaMellor Álbum InternacionalHarvey Award2020GañadoraHerbaMellor obra internacional de banda deseñada de non-ficciónRingo Award2020CandidataHerbaMellor Novela gráfica para AdolescentesALA / YALSA2020GañadoraHerbaAlex AwardALA / YALSA2020CandidataHerba Krause Essay Prize2020GañadoraHerbaMellor obraVLA Graphic Novel Diversity Award2019Gañadora

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Debuxantes Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados no condado de Goheung Categoría:Tradutores do coreano