O 5 de novembro de 2024 celebrouse un referendo sobre o status político de Porto Rico. Este plebiscito celebrouse ao mesmo tempo cas eleccións xerais de Porto Rico e as dos Estados Unidos de 2024. Este referendo non vinculante presentou tres opcións sobre o status político de Porto Rico: converterse nun estado da unión, a independencia e a libre asociación. De acordo cos resultados finais, 540.635 persoas (57%) votaron por converterse nun estado, 293.224 persoas (31%) votaron pola libre asociación e 116.834 (12%) pola libre independencia.Jenniffer González of Puerto Rico’s pro-statehood party edges ahead in gubernatorial election Politics Nov 6, 2024 11:29 AM EST by Danica Coto APPuerto Rico Voted for Statehood, What Happens Next? by Daniel Molina O status político de Porto Rico segue a ser un debate aberto.

Pregunta

O referendo contou con tres opcións na seguinte orde: independencia con libre asociación, converterse nun estado e independencia. Foi a primeira vez que manter o estado actual da illa como territorio estadounidense non era unha das opcións. Téñase en conta que a libre asociación tamén foi unha opción nalgúns referendos máis antigos, e a estrutura das opcións de votación variou ao longo do tempo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2012 Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2017 Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2020

Categoría:Historia de Porto Rico Porto Rico