En bioloxía, un obelisco é un elemento "similar a un viroide" descrito por primeira vez en xaneiro de 2024 nun artigo prepublicado na revista Nature, cuxos autores dicen que os "obeliscos forman o seu propio grupo filoxenético separado",Ivan N. Zheludev; Robert C. Edgar; Maria Jose Lopez-Galiano; Marcos de la Peña; Artem Babaian; Ami S. Bhatt; Andrew Z. Fire (21 de xaneiro de 2024). "Viroid-like colonists of human microbiomes". xa que as súas secuencias de ARN, descubertas por metatranscriptómica asistida por computador, non son homólogas coas secuencias xenómicas de ningunha outra forma de vida. Actualmente, disponse só duns poucos métodos para a identificación destes elementos a partir de datos de secuenciación da seguinte xeración (NGS).

Como as súas realacións con outros organismos son descoñecidas, son un exemplo de incertae sedis ou "taxons enigmáticos".

Distribución e patoloxía miniatura|Tinguidura de Gram de Streptococcus sanguinis a 4000 aumentos.

Os obeliscos atopáronse en mostras de feces humanas, e dentro de espécimes da bacteria Streptococcus sanguinis, unha especie de bacterias, que se encontra na boca humana. Sábese que algunhas persoas albergaron obeliscos por máis de 300 días. O estudo inicial mostrou a presenza de obeliscos nun 7 % das mostras fecais, e nun 50 % das mostras de saliva, de individuos que vivían en todos os continentes.

O efecto dos obeliscos sobre a saúde humana, se é que producen algún, está aínda por determinar, igual que os seus ciclos vitais e os factores dos que depende a súa replicación.

Xenética e bioquímica

Entre as características dos obeliscos están: teñen ensamblaxes de xenomas de ARN circular con arredor de 1000 pares de bases, e estruturas secundarias con forma de barra ou bacilar que comprenden todo o xenoma. A diferenza dos viroides, o seu ARN é traducido a proteínas, chamadas provisoriamente "oblinas" na prepublicación. As dúas proteínas mencionadas alí chamáronse oblina-1 e oblina-2.

As primeiras predicións estruturais dicen que a oblina-1 pode unirse a ións metálicos e así podería estar implicada na sinalización celular. A oblina-2 presenta un sitio de unión que é típico dos complexos proteicos, e podería, polo tanto, unirse a encimas da célula hóspede.

Nome

A prepublicación di: "debido a unha estrutura secundaria fortemente predita como similar á bacilar [de barra], denominamos este grupo de ARNs obelisco-alfa."... "Con 1164 nt de lonxitude, a estrutura secundaria similar á bacilar era sorprendente..." (secundaria con respecto á estrutura da ensamblaxe circular.)

Notas

Categoría:ARN Categoría:Incertae sedis Categoría:Axentes subvirais