Os irmáns José e Maximino Somoza Piñeiro, nados en Escarabote, Lampón (Boiro) e finados na Burata, Taragoña (Rianxo) o 8 de outubro de 1936, foron dous mariñeiros galegos, que xunto co seu irmán máis vello, Juan Somoza Piñeiro, nado en Boiro c. 1910, tamén mariñeiro, foron un grupo de irmáns represaliados polo bando sublevado.
Traxectoria José e Maximino pertencian ás Juventudes Socialistas. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foron prendidos e torturados no cárcere en Boiro. O día 8 de outubro de 1936 introducíronos nun coche, e acompañados por varios falanxistas e algún Garda Civil, marcharon de Boiro con dirección a Taragoña, Rianxo. Unha vez que chegaron á altura da Burata, Rianxo, fixéronos baixar e foron paseados. Están soterrados no camposanto de Taragoña.
Seu irmán Juan, que formou parte das partidas que fixeron vixilancia en Boiro tralos primeiros días da sublevación militar, foi xulgado posteriormente en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión e sentenciado a 15 anos de prisión.
Recoñecementos José e Maximino Somoza Piñeiro foron homenaxeados polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2017.
Vida persoal José e Maximino estaban solteiros, vivían en Escarabote (Boiro) con súa nai, viúva, que andaba ó xornal, e dous irmáns máis novos, de 13 e 16 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro