Edgar González Estrada, nado en Sallent o 1 de abril de 1997, é un futbolista español que xoga como defensa central ou centrocampista defensivo no Almería, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Cornellà e do Espanyol. O 31 de agosto de 2016 debutou co primeiro equipo do Cornellà na Copa do Rei, ante a UD San Sebastián de los Reyes.
En xullo de 2018 foi traspasado ao Real Betis, sendo asignado inicialmente ao Betis Deportivo, da Terciera División. O 23 de novembro de 2019 debutou na Primeira División, saíndo como titular nunha vitoria por 2-1 contra o Valencia.
Para a tempada 2020/21 foi cedido ao Real Oviedo, da Segunda División. Marcou os seus dous primeiros goles na categoría de prata o 8 de novembro, nunha vitoria por 4-0 sobre o Castellón. De volta no Betis, en xullo de 2021 marcou o seu primeiro gol en Primeira, contra o Levante UD. En xullo de 2023 asinou por cinco anos co Almería.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Real Betis .
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Sallent Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña