As espiñas do pene son estruturas queratinizadas con aspecto de espiñas que se encontran na glande ou talo do pene de moitos mamíferos, que poden estar implicadas na selección sexual. Estas espiñas foron descritas como estruturas simples cunha soa punta (macacos) ou complexas con dúas ou tres puntas por espiña (strepsirrinos). A morfoloxía das espiñas do pene pode estar relacionada co sistema de apareamento.Orr, Teri J., and Patricia LR Brennan. "All Features Great and Small—the Potential Roles of the Baculum and Penile Spines in Mammals." Integrative and Comparative Biology (2016): icw057.Stockley, P. "Sperm competition risk and male genital anatomy: comparative evidence for reduced duration of female sexual receptivity in primates with penile spines. " Evolutionary Ecology 16.2 (2002): 123-137.

Mamíferos non-humanos Os felinos, especialmente os gatos domésticos, teñen espiñas do pene. Despois da retirada do pene do gato, as espiñas funcionan como un angazo que rasca as paredes da vaxina da femia, o cal pode inducir a ovulación. Moitos outras especies de félidos teñen espiñas do pene, pero son relativamente pequenas en xaguares e pumas, e non aparecen nos maracaiás.Swanson, W. F., et al. "Reproductive status of endemic felid species in Latin American zoos and implications for ex situ conservation." Zoo Biology 22.5 (2003): 421-441.

As espiñas do pene dos chimpancés e ratos son pequenas proxeccións superficiais feitas pola acumulación de capas de células queratinizadas na capa máis externa da superficie da pel.Hill, W.C.O. Note on the male external genitalia of the chimpanzee. Proc.Zool.Soc. Lond. 116, 129–132 (1946)Murakami, R. A histological study of the development of the penis of wild-type and androgen-insensitive mice. J. Anat. 153, 223–231 (1987) Aparecen tamén nos vombátidos,Hogan, Lindsay A., Tina Janssen, and Stephen D. Johnston. "Wombat reproduction (Marsupialia; Vombatidae): an update and future directions for the development of artificial breeding technology." Reproduction 145.6 (2013): R157-R173. coalas, hienas manchadas,Drea, C. M., et al. "Exposure to naturally circulating androgens during foetal life incurs direct reproductive costs in female spotted hyenas, but is prerequisite for male mating." Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences 269.1504 (2002): 1981-1987. fosas, equidnas, primates,Harcourt, A. H., and J. Gardiner. "Sexual selection and genital anatomy of male primates." Proc. R. Soc. Lond. B 255.1342 (1994): 47-53. morcegos, e varias especies de roedores.Dewsbury, Donald A. "On the function of the multiple-intromission, multiple-ejaculation copulatory patterns of rodents." Bulletin of the Psychonomic Society 18.4 (1981): 221-223.

As espiñas do pene atópanse con frecuencia en especies de primates que forman tapóns copulatorios despois de aparearse.Dunham, A. E., and V. H. W. Rudolf. "Evolution of sexual size monomorphism: the influence of passive mate guarding." Journal of evolutionary biology 22.7 (2009): 1376-1386. Nos gálagos, as espiñas do pene poden formar un "bloqueo xenital" durante a copulación.Dixson, A. F. "Sexual selection, genital morphology, and copulatory behavior in male galagos." International Journal of Primatology 10.1 (1989): 47-55.

Humanos A diferenza dos chimpancés, unhas variantes morfolóxica relativamente comúns en humanos son as chamadas ou pápulas perladas do pene, son substancialmente máis grandes, parecen ser un embolsamento protuberante da superficie e as capas de tecido conectivo subxacente, e carece da rica innervación que presentan outros animais.Glicksman, JM and Freeman, RG. Pearly penile papules. A statistical study of incidence. Arch. Dermatol. 93:56-59 (1966)Agrawal, SK et al. Pearly penile papules: a review. Int. J. Dermatology 43:199-201 (2004) Ás veces descríbense como restos vestixiais das espiñas do pene. Porén, as relacións entre as estruturas é aínda incerta.Penile spines versus pearly penile papules in humans

Cando a liñaxe dos homininos se dividiu nos xéneros Homo e Pan, unha secuencia de ADN reguladora asociada coa formación de pequenas espiñas do pene queratinizadas perdeuse na liñaxe de Homo. Esta simplificación da anatomía do pene pode estar asociada cos hábitos sexuais dos humanos. Nalgunhas especies que manteñen a expresión completa, as espiñas do pene contribúen a incrementar a sensación sexual e orgasmos máis rápidos.Paleoanthropology, Genetics, and Evolution Un hCONDEL (rexión altamente conservada do ADN que contén delecións en humanos) localizado preto do locus do xene do receptor de andróxenos pode ser responsable da perda das espiñas do pene en humanos.

Aves Os penes dalgunhas especies de aves presentan espiñas e filamentos parecidos aos dun cepillo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gránulos de Fordyce Conflito sexual#Xenitais espiñentos

Ligazóns externas

Categoría:Félidos Categoría:Aparato reprodutor masculino Categoría:Pene