Leonard Cornwell Mitchell (en ocasións escrito Cornwall), nado en Wellington o 25 de abril de 1901 e finado en 1971,"Designers of New Zealand Coins: Mr. George Kruger Gray". En Numismatic Journal. Royal Numismatic Society of New Zealand. Vol. 3 (33). Febreiro de 1961. Páxina 76."Leonard Cornwell Mitchell Sold at Auction Prices". Invaluable.com foi un artista e deseñador gráfico neozelandés, coñecido polos seus deseños de carteis, selos postais e moedas do seu país.

Traxectoria

Leonard Cornwell Mitchell formouse en rotulaxe na Escola Técnica de Palmerston North, e tamén seguiu un curso por correspondencia de deseño de debuxos animados e caricaturas nos Estados Unidos."Mitchell, Leonard Cornwall, 1901-1971". National Library Wellington (Natlib.govt.nz).

miniatura|esquerda|Cartel da Exposición do Centenario de Nova Zelandia (1939-1940)."Mitchell, Leonard Cornwall], 1901-1971 :New Zealand Centennial Exhibition Wellington, Nov. 1939 - May 1940". National Library Wellington (natlib.govt.nz).|310x310px

Mitchell foi o artista principal da compañía Filmcraft, baixo a dirección de McKenzie a finais dos anos vinte, e durante a década de 1930 desenvolveu o seu labor profesional no Departamento de Publicidade do Goberno, onde deseñou un bo número de carteis e folletos turísticos e promocionais."Creator:Mitchell, Leonard Cornwall, 1901-1971". Digitalnz.org Tamén traballou no departamento de arte da compañía W D & H O Wills, con Ernest Mervyn Taylor, e pintou numerosas reconstruciíns de escenas históricas. Na década de 1940 traballou con Coulls Somerville Wilkie.

Tamén foi o autor do deseño dos reversos das moedas de bronce (medio penique e un penique)"½ Penny - George VI". Numista.com"1 Penny - George VI". Numista.com da serie ordinaria da libra neozelandesa emitidas entre 1940 e 1965, así como do reverso específico da moeda de media coroa conmemorativa do centenario de Nova Zelandia (1940)."½ Crown - George VI Centennial issue". Numista.com

Mitchell deseñou tamén diversas medallas, e entre 1931 e 1970 creou os deseños de varias decenas de selos postais de Nova Zelandia.

Leonard Cornwell Mitchell foi o pai dos artistas Victor Leonard, Frank e Alan Gordon Mitchell, e na derradeira década da súa vida traballou de xeito independente xunto con este último.

Notas

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Wellington Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Arte de Nova Zelandia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Personalidades sen imaxes