Odón é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita é común co asturiano e co castelán. A súa orixe é a raíz xermánica *aud- que quere dicir 'posesión, riqueza'. A súa introdución é recente, derivada de Oto ou Otho, a través do acusativo Othonem na forma latinizada. En galego tamén ten a variante Otón.
En xaneiro de 2023 existían 14 varóns en Galicia co nome Odón, cunha media de idade de 66,6 anos.Nome Odón na Web do Intituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Otón.
Historia Odón é o nome de varios emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Odón I o Grande (936-973), Odón II (973-983), Odón III (980-1002) e Odón IV, así como do santo Odón de Cluny (879-942) quen foi o primeiro grande abade desta abadía francesa.
Odón noutras linguas Alemán: Udo/Otto Aragonés: OtónEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Odón Catalán: Odó/Otó/Ot Castelán: Odón Éuscaro: Oto/Oton/Odon Francés: Othon Inglés: Otto Italiano: Ottone/Oddone/Oddo Portugués: Otão/Oto
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos Categoría:Nomes masculinos casteláns