Liudolfo nado contra o ano 805/820 e finado o 11 ou 12 marzo do 866, foi un oficial e conde carolinxio no Ducado de Saxonia dende o 844 até o 866 en que morreu.

A casa Liudolfinga, tamén coñecida como a dinastía odoniana, leva o seu nome por ser el o seu membro verificado máis antigo.

Traxectoria Liudolfo era fillo dun margrave (en alemán: Markgraf), Bruno (Brun o Brunhart)The Encyclopaedia Britannica. Ed. Hugh Chisholm. Vol 24. 1911. 268. e da súa esposa, Gisla von Verla.Keene 2013, p. 30. Tiña amplas posesións na zona do Harz occidental e no río Leine. A mediados do século IX, foi nomeado margrave na fronteira oriental de Saxonia nas guerras do rei da Francia Orientalis, Lois o Xermánico, e serviu como líder militar (dux) contra as invasións viquingasStephenson 1935, p. 249 e os eslavos polabianos. Algúns autores posteriores denominaron a Liudolfo, duque dos saxóns orientais (dux Orientalis Saxonum),Zotto (2009), p. 26 probablemente desde 850, e conde de Ostfalia. O seu cargo pasou á súa vez a dous fillos, o segundo dos cales, Odón, conseguiu o recoñecemento como duque de Saxonia, e posteriormente, engadiu Turinxia ás posesións familiares. O fillo deste Odón, foi o famoso Henrique I de Alemaña, que máis tarde recibiu a coroa real.

Peregrinación Polo 845 ou 846, Liudolfo e a súa muller foron en peregrinación a Roma para pedir permiso para a creación dun convento e que lles desen reliquias. Trala aprobación do papa Serxio II, conseguiron as reliquias dos papas Anastasio I e Inocencio I, quen se converteron nos patróns do convento, e fundaron unha casa de canónigas seculares da nobreza dedicada a els.Zotto (2009), p. 23 O mosteiro, debidamente establecido na súa igrexa propietaria en Brunshausen,Riche 1993, p. 186 foi consagrado polo futuro bispo de Hildesheim, Altfrid, e no 852, a filla menor de Liudolfo, Hathumoda, converteuse na súa primeira abadesa.Schutz 2010, p. 27Zotto (2009), p. 24 Posteriormente, polo 881, o convento foi trasladado para formar a abadía de Gandersheim, elevada a mosteiro imperial polo neto de Liudolfo, Henrique I de Alemaña no 919.

Mentres o rei Lois o Alemán estaba preocupado pola política imperial, Liudolfo, confiando no rango así como nas terras alodiais que herdara dos seus devanceiros, alcanzou unha posición de liderado entre a nobreza saxóa, feito evidente polo matrimonio da súa filla Liutgarda co rei.

Morte Morreu no 866 e foi enterrado na Abadía de Gandersheim. As sucesións dos seus fillos Bruno e Odón non atoparon resistencia. A súa muller, Oda, retirouse tamén á Abadía e morreu o 17 de maio de 913, supostamente aos 107 anos.Odilón de Cluny 2004, p. 24

Familia Sobre o 830, Liudolfo casou con Oda, filla dun príncipe franco chamado Billung e a súa esposa Aeda. Ao casar coa filla dun nobre franco, Liudolfo seguiu as suxestións expostas por Carlomagno para garantir a integridade do Imperio Carolinxio despois das Guerras Saxoas mediante o matrimonio. Tiveron polo menos sete fillos:Althoff 2004, p. 388

Bruno (. 830/840 – 880), sucedeu a seu pai como líder saxón;Riche 1993, p. 229 foi o suposto proxenitor dos Brunónidas. Oda de Saxonia (c. 845 – 874), casada con Lotario I de Stade. Odón o Ilustre (.  – 912), sucedeu a seu irmán no 880; foi o pai de Henrique I de Alemaña. Lutgarda (.  – 885), casou no 847 co gobernante franco do Leste, Lois o Mozo, segundo fillo do rei Lois o Xermánico.Schulman 2002, p. 271 Hathumoda (.  – 874), primeira abadesa de Brunshausen (dende 852).Riche 1993, p. Táboa 3. Gerberga (d. 896/897), abadesa de Brunshausen (dende 874) e máis tarde de Gandersheim. Christina (d. 919/920), abdesa de Gandersheim dende 896/97. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Personalidades do catolicismo de Alemaña Categoría:Finados en 866 Categoría:Nados no século IX Categoría:Dinastía saxoa