A guavanina-2 é o primeiro antibiótico deseñado por computador grazas á intelixencia artificial para tratar de combater a resistencia aos antibióticos. Trátase dun péptido antimicrobiano (AMP), que se mostrou especialmente efectivo contra bacterias gramnegativas e que se deriva dun péptido da guaiaba coñecido como Pg-AMP1.
Historia En 2008, Pelegrini demostrou que unha proteína rica en glicina (GRP) illada de sementes de guaiaba mostraba unha clara actividade bactericida contra bacterias gramnegativas patógenas humanas.
En 2012, Tavares describiu a actividade antimicrobiana do péptido rico en glicina (GRP) recombinante Pg-AMP1 das sementes de guaiaba.
En 2015, o equipo de investigación de C. de la Fuente na Universidade de Pensilvania creou un algoritmo baseado no proceso evolutivo de Darwin para explorar distintas secuencias de péptidos e poder detectar moléculas con potencial antimicrobiano, nos que incluíu o péptido Pg-AMP1. O algoritmo permitía evolucionar as moléculas de forma que melloraba a súa actividade antibiótica e, para validar as propostas realizadas polo computador, sintetizáronse quimicamente e probáronas con bacterias clinicamente relevantes. A guavanina-2 resultou ser a molécula máis exitosa, xa que conseguía matar bacterias de forma moi potente en doses moi baixas, logrando esterilizar completamente os cultivos bacterianos no laboratorio.
A guavanina-2 supuxo un dos primeiros exemplos das propiedades emerxentes da IA na bioloxía. O seu comportamento antimicrobiano difire do dos antibióticos convencionais, xa que ataca ás bacterias hiperpolarizando a membrana en lugar de despolarizala. Este achado mostrou o potencial das máquinas para o desenvolvemento de moléculas antimicrobianas, abrindo novas posibilidades no descubrimento de antibióticos.
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
De la Fuente Lab Native and recombinant Pg-AMP1 show different antibacterial activity spectrum but similar folding behavior.
Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Bioloxía