Exintoma é o termo utilizado para designar ao conxunto de proteomas de todos os organismos extintos coñecidos pola ciencia e descritos na literatura.
Este concepto xurdiu no seo da investigación no campo da desextinción molecular para abordar algúns dos desafíos actuais no ámbito da saúde. Esta liña de investigación parte da premisa de que as moléculas serven como rexistros da historia evolutiva e poden proporcionar plans para o deseño terapéutico. Grazas á intelixencia artificial, levouse a cabo a exploración de todo o extintoma para procurar novos tratamentos e, especialmente, para desenvolver novos antibióticos.
Notas
Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Antibióticos Categoría:Intelixencia artificial Categoría:Bioloxía molecular