Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India. Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km². Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas,Delhi Metropolitan/City Population section of sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns. A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo a Organización das Nacións Unidas. Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India. Delhi é a segunda cidade india máis rica despois de Bombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.

Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o século -VI. Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a un estado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno. Nova Deli é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiáticos en 1951 e 1982, respectivamente, así como sede da reunión Movemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Crícket de 2011.

Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.

Etimoloxía A etimoloxía de "Delhi" é incerta, mais existen moitas posibilidades. A posibilidade máis común é que o seu epónimo sexa Dhillu ou Dilu, un rei da dinastía Mauria, que construíu a cidade en -50 e deu nome a cidade. A palabra hindi/prácrita dhili ("frouxo") era usada polos Tuar Rajputs para se referir a cidade por causa do piar de ferro construído polo Raxá Dhava, que tiña un fraco alicerce e foi substituído. As moedas en circulación na rexión na época dos Rajputs eram chamadas dehliwal. Algúns outros historiadores acreditan que o nome deriva de Dilli, unha variación de dehleez ou dehali — hindi para "entrada" — que designaba a cidade como porta de entrada para a chaira indoganxética. Outra teoría suxire que o nome orixinal da cidade era Dhillika.

Historia Ao longo da historia Delhi é máis ben, lugar de cidades, ata oito cidades relevantes se contabilizan nunha área triangular de 14 km ao longo da ribeira occidental do río Yamuna por 10 km ata os últimos contrafortes dos montes Aravalli; as principais ao sur do centro actual.Mapa

Indraprastha Indraprastha é a primeira, mítica capital dos Pandavas, aparece citada no Mahabharata: así cando a Yudhisthira, o maior dos irmáns pandavas, se lle concede esta terra, Krishna intercede perante o deus arquitecto Vishvakarman para que lle constrúa unha capital. Será Indraprastha.

O certo é que se atopan vestixios arqueolóxicos do 500 a.C. (pode que ata do 1000 a.c.) xunto ao Yamuna, no lugar do Forte Vello (Purana Qila) http://www-us.flickr.com/photo_zoom.gne?id=118773995&size=o&context=set-72057594091918832 , e que ademais un poboado co nome de Indrapat existiu no lugar ata comezos do século XX cando os británicos deseñaron a actual capital, Nova Delhi.

Tamén existe unha semimítica dinastía Jat do norte da India e Paquistán, os Dhillon, un dos seus gobernante Raja Dhilu disque fundou Dheli cara ao 800 a.C. e os seus descendentes mantiveron alí o poder ata o 283 a.C..

En todo caso, semella que Indraprastha continuou coma cidade importante durante os períodos Maurya (320-185 a.C.) e Gupta (250-540), mais nun segundo plano fronte a posición dominante de Pataliputra (Patna) no val do Ganxes. Probablemente foi saqueada polos Hunos (400-500).

Época Rajput miniatura|320 px|Rajput. O medievo comeza coa construción do Forte Lal Kot no 731 ao suroeste de Indraprastha (nas proximidades do posterior Qutb Minar). Os Rajput, clan guerreiro antiquísimo proveniente do Rajastán, comeza a se instalar nos arredores do que hoxe é Delhi dende o século VII a través dunha das súas dinastías, os Tomaras. Semella que en Suraj Kund, fundada por Surajpal, no límite sur da cidade co estado de Haryana e onde hai un templo estanque do século XI adicado a deidade solar , puidera estar o primitivo asentamento dende o que o rei Anangpal I decidira fundar nas proximidadees Anangpur (hoxe aforas de Faridabad), e no 731 o forte de Lal Kot uns quilómetros ao noroeste.

En todo caso, no 736 xunto ao forte, fundan a cidade de Dhillika o Dilli (Lal Kot), no que hoxe é o barrio de Mehrauli, talvez coma capital do seu reino de Haryana. O nome rememora a cidade do mítico Raja Dhilu e talvez fose construída sobor das ruínas daquela outra.

No 1180 os rajput Chauhan de Ajmer conquistan Lal Kot e o seu rei Prithviraja III (Rai Pithora), heroe hindú, derradeiro en reinar antes da chegada dos musulmáns, amplía a cidade (3,4 km²) construíndo baluartes con sete portas e templos e a renomea Qila Rai Pithora.

Sultanato de Delhi Os musulmáns apodéranse da cidade a partir de 1191 establecendo o agora chamado Sultanato de Delhi en 1206. Para conmemorar a súa vitoria sobor dos rajputs constrúen a que será primeira mesquita na India, a Quwwat al-Islam co seu magnífico minarete, o Qutb Minar, de 75 metros de altura ,. O complexo, agrandado ao longo do século XIII convértese no centro da cidade.

O segundo sultán da seguinte dinastía, Alaudín Khilgi, manda construír a partir de 1303 unha nova cidade fortificada a uns 4 km ao nordés do Qutb Minar: Siri . De planta oval e muralla de cascotes con sete portas e 1,7 Km2. Tamén mandou construír nela un pazo de mil piares e para o abastecemento de auga, un enorme estanque no inmediación de Hauz Khas, ao oeste.

Pola súa banda, o fundador da seguinte dinastía Giyat al-Din Tughlaq, constrúe tamén a súa propia cidade fortaleza: Tughlaqabad Google map, ao leste do Qutb Minar. Faino en soamente tres anos, de 1321 a 1324, mais a imprevisión respecto ao abastecemento de auga fixo que nunca chegase a ocuparse plenamente e catro anos despois é abandonada A view and description from the 'Saturday Magazine', 1840.

Aos 2,2 km² do recinto engadiuse polo sur o apéndice de Adilabad (1325), outra fortaleza do sultán seguinte, fillo de Giyat ademais da tumba deste último, fortificada tamén Fonte: http://www.vcoins.com/ancient/ecin/store/viewItem.asp?idProduct=1458&large=0 .

Namentres, a cidade real estendíase entre Qila Rai Pithora e Siri. Para protexer o espazo intermedio, que xa estaba moi poboado, o antedito sultán fillo de Giyat, Muhammad bin-Tughlaq manda facer un cinto completo de murallas Vanishing heritage e a cidade resultante noméase Jahanpanah(literalmente refuxio do mundo) (1327). Foi o tempo no que o sultanato acadou a súa plenitude, gobernando case todo o subcontinente.

No entanto, o sultán que lle sucedeu, Firuz Shah Tughlaq, construíu á súa vez unha cidade de seu: Firuzabad. Foi no 1354, pero desta vez moi ao norte, a beira do Yamuna, preto do centro actual. A cidadela era un recinto fortificado de dez hectáreas Mapa con pazos, mesquita e o baradari para o Piar de Asoka, traído dende Ambala .

En 1398 o mongol Timur (Tamerlán) conquista a cidade saqueándoa e arrasándoa. Mata ou escraviza a maior parte da poboación polo que Delhi queda reducida a unha morea de ruínas.

Após o caos, a recuperación foi lenta durante as dinastías Sayyid e Lodhi das que tan só fican unhas fermosas tumbas nos xardíns Lodhi The Shish Gumbad, probably from Sikandar Lodi's time; it's not known whose tombs are inside.

Imperio Mogol 1526 é o ano no que que Babur pon fin ao Sultanato de Delhi. O seu fillo e segundo emperador mogol, Humayun, decide en 1533 construír a súa capital. Elixe as ruínas de Indraprastha como lugar para Dinpanah (refuxio da fe). De planta rectangular, murallas de 18m e 2 km , tres portas principais, está no fundamental rematada en 1538.

Xusto ao ano seguinte foxe a Persia ó ser derrotado por Sher Shah Suri quen establece a dinastía Suri coma un interludio ata que Humayun volva recuperar o poder. Sher Sha constrúe, con todo, a súa cidade no interior dos muros de Dinpanah e chámaa Dilli Sher Shahi ou Shergarh. Coma na de Humayun, utilízanse materiais de Siri e Firuzabad, en ruínas dende o saqueo de Timur. O conxunto recibe hoxe o nome de Purana Qila (Forte Vello)MapaMapa. miniatura|320 px|Tumba de Humayun. En 1555 Humayun reinstaura o Imperio Mogol, aínda que morre pouco despois. A súa tumba, ó sur da que foi a súa cidade é o primeiro e un dos máis logrados edificios da arquitectura mogol, claro precedente do Taj Mahal. O seu fillo e sucesor, Akbar, traslada a capital as proximidades de Agra, o que supuxo o declive de Delhi durante medio século.

O emperador Shah Jahan (o que fixo o Taj Mahal precisamente) devolve a capital imperial a Delhi, para o que manda construír unha nova cidade axeitada e representativa: Shahjahanabad (1638-49). Elixe unha zona sen restos do pasado, ao norte da arrasada Firuzabad xunto ao río Yamuna

O plan de Shahjahanabad pretendeu conxugar os principios urbanísticos hindús cos islámicos. Así, unha certa ortogonalidade e xerarquía. Dous eixos principais dende un foco de poder, Lal Qila (o Forte Vermello con exquisitos exemplos da arquitectura mogol : Diwan-I-Amm e Diwan-I-Hass) : Chandni Chowk http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/chandnichauk/chandnichauk.html dende aquel cara ao oeste, e Faiz Bazaar cara ao sur. Ambas as dúas rúas posuían unha canle de auga central. Así mesmo, é característica hindú a zonificación urbana segundo as castas e os oficios. Por outra banda, o centro de culto islámico fundamental, a mesquita do venres, Jama Masjid, a maior da India http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/jamamasjidphotosearly/jamamasjidphotosearly.html. E os xardíns, Begum ka Bagh e Roshanara, obra das fillas do emperador, ao longo do lado norte de Chadni Chowk, con fontes, estanques e acuedutos ; e máis ao norte, fóra das murallas, Tees Hazari e Qudsia.

O conxunto foi a cidade que permaneceu ata o século XX e hoxe chamamos Vella Delhi. O seu saqueo polo afgán Ahmed Shah entre 1756 e 1761 supuxo a fin de facto do Imperio Mogol.

Imperio Británico En 1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta. Mais no 1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, facíase necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade. O encargado foi o arquitecto Edwin Lutyens .

miniatura|320 px|Edificios do goberno de Delhi. Así, entre 1929 e 1931 naceu Nova Delhi. Levantouse o sur da capital mogola, conectada con ela por unha gran praza rotonda, Connaught Place, da que parten grandes bulevares en abano cara ao sur onde intersectan unha ampla avenida leste-oeste , entre a Porta da India e os edificios oficiais (parlamento, presidencia e bloques administrativos).

Independencia