En fin é unha serie de televisión española de comedia postapocalíptica creada por David Sainz e Enrique Lojo para Amazon Prime Video. Está producida por Versus Entertainment e Diffferent Entertainment, e protagonizada por José Manuel Poga, Malena Alterio e Irene Pérez. Estreouse en Prime Video o 13 de setembro de 2024, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.
Sinopse O día no que debería chegar a apocalipse, Tomás (José Manuel Poga) érguese resacoso en metade dunha orxía nunha tenda de mobles. Meses antes, ante a noticia da inminente fin do mundo, abandonou a súa muller Julia (Malena Alterio) e a súa filla Noa (Irene Pérez) sen mirar atrás. Pero cando o planeta errante que ía chocar contra a Terra pasa de longo e o mundo segue virando, Tomás comprende a magnitude do seu erro. Agora, tenterá recuperar a súa vida pasada e obter o perdón da súa familia, buscando reconstruír tras a non apocalipse un mundo que xa nunca volverá ser igual.
Personaxes Malena Alterio como Julia Fernández José Manuel Poga como Tomás Irene Pérez como Noa Raúl Cimas como Romero (episodio 1; episodio 3 - episodio 6) Luisa Gavasa como María (episodio 2; episodio 4)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión con versión galega