Houdini é un filme francés de animación producido polo estudio Dandelooo e dirixido por Cédric Babouche a partir dunha idea de Sydelia Guirao. O filme fala da mocidade ficticia de Harry Houdini. Emitiuse orixinalmente o de 27 de decembro de 2014 en France 3.

Estreouse en galego o 27 de setembro de 2024 na plataforma do Xabarín Club. Traduciuno ao galego María Suárez.

Sinopse Conta a historia dos inicios do mozo Harry, de 10 anos, que se converterá nun mago moi famoso, o gran Houdini. A acción transcorre en Nova York en 1886 nun ambiente steampunk. O pequeno Houdini quere aprender maxia, aínda que para facelo teña que traballar moito e facer sacrificios.

Personaxes Fanny Bloc como Harry Martial Le Minoux como Tesla Nathalie Bienaimé Marie Facundo Jérémy Prévost Thierry Kazazian Bruno Magne Marie Nonnenmacher

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego