Manuel García Enríquez, coñecido como Moreno, nado en Monforte de Lemos cara a 1905, foi un carpinteiro e sindicalista galego. miniatura|Expediente procesual de Manuel García. Traxectoria Carpinteiro en Monforte de Lemos, foi presidente da UGT de Monforte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto;El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 2. foi encarcerado na prisión de Monforte o 31 de agosto. Xulgado na causa 1182/37, o seu proceso foi sobresido. Saíu da prisión de Monforte o 14 de febreiro de 1938.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Manuel García Enríquez Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido