Bernardo Sánchez Quiroga, nado no Saviñao cara a 1911, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Funcionario municipal do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto xunto co seu irmán Antonio.El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 8. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 729/36 o 28 de decembro xunto con Manuel Pérez Fernández, Jesús Nieves Sánchez e os seus irmáns Francisco e Antonio,La Voz de la Verdad, 29-12-1936, p. 3. foi condenado a cadea perpetua o 19 de xaneiro de 1937. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, onde ingresou o 20 de marzo de 1937.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en ano descoñecido