miniatura| Exemplo de bucle positivo : Saldo e intereses Un diagrama causal ou diagrama de bucle causal (en inglés Casual Loop Diagram, CLD) é a representación gráfica de múltiples relacións causa-efecto entre as distintas variábeis implicadas nun proceso.
Na teoría de sistemas, un diagrama causal é un tipo de diagrama que mostra graficamente as entradas ou inputs, o proceso e as saídas ou outputs dun sistema causa-efecto, coa súa retroalimentación (feedback) para o subsistema de control.
Bucles causais
Bucle causal positivo. Significa que os cambios en ambos os nodos van na mesma dirección, é dicir, se o nodo no que comeza o bucle diminúe, o outro nodo tamén diminúe. Do mesmo xeito, se se incrementa o nodo no que comeza o bucle, o outro nodo tamén se incrementa.
Bucle causal negativo. Significa que os cambios dos dous nodos van en direccións opostas, é dicir, se o nodo no que comeza o bucle aumenta, entón o outro nodo diminúe, e viceversa.
Exemplo centro|conmarco| Diagrama de bucle causal dinámico con enlaces positivos e negativos
Notas
Véxase tamén
Diagrama de árbore Diagrama de fluxo
Categoría:Teoría de sistemas Categoría:Diagramas