Moeda de 6 peniques neozelandeses Xurxo V (1910-1936)"6 Pence - George V". Numista.com155x155px155x155pxA/: Busto coroado de Xurxo V cara á esquerda, con lenda arredor. Lendas: GEORGE V KING EMPERORR/: Paxaro huia pousado nunha póla. Lenda, valor facial, data e marca de gravador (KG). Lendas: NEW ZEALAND / SIXPENCE Datas: 1933-1935. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: Percy Metcalfe (A/) e George K. Gray (R/) Aliaxe: 1933-1946: prata (500 ‰). / 1947-1965: cuproníquel.
Diámetro: 19,30 mm. Espesor: 1,35 mm. Peso: 2,83 g. Canto: estriado.
A moeda de 6 peniques neozelandeses é unha moeda do sistema da libra neozelandesa emitida entre 1933 e 1965, co valor facial de 6 peniques ou medio xilin neozelandés. Trátase dunha das cinco moedas de prata introducidas na emisión inicial da moeda nacional neozelandesa en 1933.
Os primeiros deseños propostos para a moeda, con lanzas e fentos, foron rexeitados tanto polo comité de deseño de Gran Bretaña como polo de Nova Zelandia. Finalmente, o reverso da moeda, deseñado por George Kruger Gray, amosa unha femia de huia (Heteralocha acutirostris), unha ave extinta de Nova Zelandia, pousada sobre unha póla, en tanto que no anverso, común a toda a serie, se representaba o retrato de Xurxo V (1910-1936) coroado e cara á esquerda, deseñado por Percy Metcalfe.
A moeda de 6 peniques cuñouse inicialmente nunha aliaxe cun 50 % de prata, ata que en 1947 a suba dos prezos da prata na posguerra provocou o cambio ao cuproníquel. A súa cuñaxe foi relativamente regular ata 1965, ano en que deixou de emitirse logo da decimalización do sistema monetario e a adopción do dólar neozelandés como nova unidade nacional.
Antecedentes e contexto A moeda de prata británica, incluída a peza de seis peniques, circulou por primeira vez en Nova Zelandia a principios do século XIX, xunto con outras moedas de prata estadounidenses, españolas, francesas e neerlandesas. A libra esterlina británica foi confirmada como única moeda de curso legal en 1858,Matthews, K. (2003). Páxinas 40-49. mais, de feito, fora xa a única moeda en circulación desde 1847.Hargreaves, R. P. (1972). Páxina 32. Pola súa banda, Australia comezou a emitir a súa propia moeda en 1910, e dentro do seu sistema figuraba tamén a moeda de seis peniques australianos. Nesta conxuntura, en 1930 comezou a circulación xeneralizada da moeda de prata australiana en Nova Zelandia, cando Australia desvalorizou a súa libra con respecto á libra esterlina. Grandes cantidades da moeda australiana desvalorizada comezaron a inundar a circulación en Nova Zelandia, chegando a constituír entre o 30 % e o 40 % de toda a moeda en circulación a principios de 1933. A falsificación de moedas de prata tamén aumentou durante este período.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 141-142.
Nova Zelandia desvalorizou tamén a libra en 1933, o que provocou un contrabando masivo de moedas de prata a Gran Bretaña e a outras posesións coloniais. Tras varias décadas de propostas, o Goberno neozelandés emprendeu ese mesmo ano a creación dunha moeda nacional.Hargreaves, R. P. (1972). Páxina 142. A Lei da Moeda de 1933 establecía os pesos e os tamaños das seis denominacións de moedas de prata neozelandesas, e definía a de seis peniques como unha moeda de 2,83 gramos e cunha lei de 500 milésimas. O seis peniques eran equivalentes a medio xilin neozelandés."An act to make Provision with respect to Currency, Coinage, and Legal Tender in New Zealand (Coinage Act 1933) ". New Zealand Acts As Enacted (nzlii.org).
Aínda que as empresas nacionais se ofreceron a producir a moeda, o Goberno de Nova Zelandia considerou que as instalacións locais non eran suficientes para a produción en masa que se requiría, e contratou a cuñaxe á Real Casa da Moeda de Londres.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 144-145.
Deseño
Anverso Todos os anversos das moedas da emisión inicial de 1933 presentaban un busto coroado de Xurxo V deseñado por Percy Metcalfe, inicialmente para o seu uso na libra de Rodesia do Sur. Este busto baseábase nun anterior creado polo escultor australiano Bertram Mackennal, que fora previamente utilizado nas moedas doutras colonias e dominios británicos.Johnson, R. A. (1934). Sixty-Fourth Annual Report of the Deputy Master and Comptroller of the Royal Mint - 1933. His Majesty's Stationery Office, Londres. Páxinas 6-8.
Reverso miniatura|160x160px|O modelo da fouce e o martelo de Metcalfe foi rexeitado por posibles asociacións comunistas.Stocker, M. (2004). Páxina 13. Pola súa banda, o deseño do reverso foi froito da colaboración entre a Royal Mint e o Goberno neozelandés. Tamén se fixeron consultas a artistas locais e á Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia durante todo o proceso de deseño, aínda que finalmente se lles encargou a artistas británicos a creación dunha serie inicial de propostas de deseño, malia as peticións das sociedades artísticas locais para que as moedas fosen de creación nacional. Percy Metcalfe e George Kruger Gray, ambos prolíficos deseñadores da Royal Mint, foron os artistas aos que se lles encomendou a presentación de propostas de deseño para cada unha das cinco denominacións iniciais de moedas de prata: coroa, media coroa, florín, xilin, seis peniques e tres peniques.
Metcalfe presentou un deseño para a peza de seis peniques caracterizada pola imaxe de dous martelos superpostos sobre unha fouce, probablemente inspirado nos martelos mineiros do escudo nacional. Este deseño, polo seu parecido coa iconografía da fouce e o martelo da Unión Soviética, foi fortemente rexeitada polo Comité Asesor da Royal Mint, que aduciu nos seus informes «asociacións políticas indesexables».Stocker, M. (2005). Páxina 148. Pola súa banda, os dous deseños alternativos de Metcalfe para os seis peniques, ambos cun número 6 estilizado e rodeado das letras NZ, foron cualificados de banais e austeros.Stocker, M. (2005). Páxina 149. miniatura|Huia, tal e como aparece en A History of the Birds of New Zealand (1888). Keulemans, J. G. (1888). "Huia (male and female) Heteralocha acutirostris". En Buller, W. L. A History of the Birds of New Zealand (2ª ed.). Londres. Kruger Gray presentou tamén un deseño cunhas lanzas tradicionais (taiaha) cruzadas, similar ao dos seus anteriores tres peniques de Rodesia do Sur. Este deseño foi igualmente rexeitado polo comité asesor debido á imposibilidade de amosar a maior parte das lanzas sobre a moeda. O comité recomendou un deseño alternativo que contivese un motivo de fentos, o que deu lugar a unha nova proposta de Gray, consistente en dous fentos cruzados.
O primeiro ministro de Nova Zelandia, George Forbes, tivo un mandato débil, e o seu ministro de Finanzas, Gordon Coates, actuou de facto como primeiro ministro en funcións, sinaladamente durante as prolongadas estadías de Forbes en Gran Bretaña.Gardner, W. J. (1996). "Forbes, George William". En Dictionary of New Zealand Biography (Teara.govt.nz). En xullo de 1933, Coates nomeou un Comité de Deseño de Moedas, independente do comité da Royal Mint, composto por varios artistas locais e membros da Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia. Este novo comité discrepou significativamente dos deseños de moedas suxeridos polo comité asesor da ceca real británica, e propuxo a representación dunha huia (Heteralocha acutirostris) —un paxaro extinto característico de Nova Zelandia—, xa que consideraba que os fentos eran difíciles de reproducir nas moedas.Stocker, M. (2005). Páxina 151.
Kruger Gray fixo referencia a unha representación da huia realizada por J. G. Keulemans na publicación A History of the Birds of New Zealand (1888). Gabou un exemplar femia da ave, co peteiro curvado, e representouno sobre unha póla, en contra das instrucións que lle esixían un campo liso, afirmando: «Non vexo como se pode utilizar a huia sen unha póla!».Stocker, M. (2005). Páxina 153. Logo do exame do comité neozelandés e pequenas modificacións na póla, aprobouse a produción da moeda.Stocker, M. (2005). Páxina 155.
Valoración crítica O etnólogo Johannes Carl Andersen, nun artigo publicado en The Dominion, describiu a huia do reverso da moeda como «atractiva», pero cun deseño pouco satisfactorio, debido á escasa representación das ás e á falta de diferenciación das plumas brancas ao final da cola da ave.Andersen, J. C. (1934). ""Warlike Shilling": Experts Criticize New Zealand Coins". En Dominion. 30 de abril. Páxina 8.
Produción e tiraxes
Da cuñaxe da moeda ocupouse a Real Casa da Moeda de Londres, e os primeiros seis peniques, datados en 1933, entraron en Nova Zelandia en xaneiro de 1934.Stocker, M. (2005). Páxina 157. Ademais da serie inicial a nome de Xurxo V, a moeda cuñouse tamén, sucesivamente, cos bustos no anverso de Xurxo VI (1936-1952) —deseñado por Thomas Humphrey Paget—, e de Isabel II (1952-2022) —con deseño de Mary Gillick—.
As cuñaxes dos seis peniques foron bastante constantes ao longo do seu período de circulación, polo que non existen datas clave, de especial relevancia para o seu coleccionismo. A moeda emitiuse todos os anos excepto en 1938 e 1949.Cuhaj, G. S. (2014). Páxina 1.636.
Por mor dos altos prezos da prata nos anos posteriores á segunda guerra mundial, todas as moedas neozelandesas que se estaban a cuñar en aliaxe de prata de 500 milésimas , entre elas a de seis peniques, pasaron a producirse nunha aliaxe denominada cuproníquel a partir de 1947. Moitas das moedas de prata foron retiradas da circulación e fundidas polos bancos. A moeda de seis peniques foi abolida en 1967 en favor das novas moedas do dólar neozelandés.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 181-183.
Ademais das moedas ordinarias, destinadas á súa posta en circulación, cuñáronse tamén exemplares cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate—, para os coleccionistas numismáticos. Estas cuñaxes especiais realizáronse con tiraxes extremadamente cativas durante a maior parte dos anos da súa produción. En 1933 e 1934 só se produciron 20 exemplares en condición proof.+Tiraxes anuais MonarcaAno de emisiónMoedas cuñadasXurxo V(1910-1936)19333.000.00019343.600.0001935560.00019361.480.000Xurxo VI(1936-1952)"6 Pence - George VI 1st type" , "2nd type" "3rd type". Numista.com19371.280.000193801939700.0001940800.0001941440.0001942360.00019431.800.00019441.160.0001945940.00019462.120.00019473.200.00019482.000.000194901950800.00019511.800.00019523.200.000Isabel II(1952-2022)"6 Pence - Elizabeth II". Numista.com19531.200.00019541.200.00019551.600.00019562.000.00019572.400.00019583.000.00019592.000.00019601.600.0001961800.00019621.200.0001963800.00019643.800.00019658.600.000Total58.340.000
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cuhaj, G. S. (2014). Standard Catalog of World Coins 1901-2000 (41ª ed.). Krause Publications, Iola. ISBN 978-1440235672 Hargreaves, R. P. (1972). From Beads to Banknotes. The Story of Money in New Zealands. John McIndoe, Dunedin. Matthews, K. (2003). "The Legal History of Money in New Zealand". En Reserve Bank of New Zealand Bulletin. Vol. 66. Nº 1. Páxinas 40-49. Stocker, M. (2004). The Numismatic Birth of the Dominion’ The 1933 New Zealand Coinage Designs. Royal Numismatic Society of New Zealand, Wellington. ISBN 0-476-01614-2 Stocker, M. (2005). "'A Very Satisfactory Series': The 1933 New Zealand Coinage Designs". En British Numismatic Journal. Vol. 75. Páxinas 142-160.. Stocker, M. (2011). "Completing the Change: The New Zealand Coin Reverses of 1940". En British Numismatic Journal. Vol. 81. Páxinas 201-222.
Outros artigos Moedas da libra neozelandesa Moeda de 6 peniques británicos
Categoría:Moedas de Nova Zelandia Categoría:Moedas divisionarias