O Missale Auriense ou Misal Auriense é un libro litúrxico rematado o 3 de febreiro de 1494 por Gonzalo Rodríguez de la Passera e Xoán de Porras na vila de Monterrei. Contén os textos necesarios para a celebración dunha misa segundo o rito romano. É un dos libros impresos máis antigos de Galicia.

Consérvanse dous exemplares, un deles, en pergameo, no Museo Catedralicio de Ourense e o outro, en papel, na Biblioteca Nacional de España.

Notas

Categoría:Libros do século XV Categoría:Monterrei