Juan García Benito, nado en Torre de Santa María (provincia de Cáceres) en 1752 e finado en Caldelas de Miño (Tui) en 1825,, foi un bispo católico estremeño.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia estremeña fidalga. Foi nomeado presbítero en 1775 e bispo de Tui en 1797. En 1808 foi presidente da Xunta de Armamento e Defensa contra a invasión francesa e un ano despois formou parte da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Coruña. Debido ás persecucións anticlericais, tivo que fuxir por Portugal para refuxiarse en Hoyos, axudado polo bispo de Coria. Regresou a Tui tras a marcha dos franceses de Galicia. Segundo Ávila y la Cueva, axudou ao conde de San Simón na guerra de Portugal de 1801 e outros señores e bispos galegos.En 1812 participou nas Cortes de Cádiz e solicitoulles aos párrocos que lle explicasen ao pobo a Constitución aprobada. Porén, en 1814 felicitou o rei Fernando VII tras o seu regreso como monarca absolutista. En 1820, durante o Trienio Liberal, volveulles pedir aos cregos que difundisen a nova constitución.
En 1813 extinguiu o Tribunal da Inquisición, mentres que os demais bispos galegos se opuxeron a esta decisión. Tamén reformou, seguindo o ronsel do seu antecesor, Fernández Angulo, a organización parroquial da diocese de Tui, principalmente coa creación de novas freguesías, como Baredo. O rei propúxoo como arcebispo de Compostela en 1821, pero renunciou. Preocupouse tamén pola situación económica e social de Galicia.
Faleceu en 1825 tomando as augas en Caldelas de Miño.
Notas
Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo
Categoría:Nados en 1752 Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Finados en 1825