Olukemi Olufunto Badenoch, nada en Wimbledon o 2 de xaneiro de 1980, é unha política británica que foi secretaria de Estado de Comercio Internacional desde 2022 e membro do Parlamento por Saffron Walden desde 2017. En 2024, foi elixida como líder do Partido Conservador tras suceder a Rishi Sunak no cargo.

Traxectoria Badenoch, de ascendencia nixeriana, pasou parte da súa infancia en Lagos e Estados Unidos antes de regresar ao Reino Unido aos 16 anos. Despois de graduarse na Universidade de Sussex como enxeñeira informática, estudou dereito en Birkbeck, Universidade de Londres. Máis tarde traballou para o Royal Bank of Scotland Group e Coutts.

Carreira política En 2012, Badenoch disputou sen éxito un escano na Asemblea de Londres, pero foi nomeada despois de que Victoria Borwick dimitise en 2015. Partidaria do Brexit no referendo de 2016, Badenoch foi elixida para a Cámara dos Comúns en 2017. Despois de que Boris Johnson fose elixido primeiro ministro en xullo de 2019, ocupou distintos cargos. En setembro de 2021, foi ascendida a ministra de Estado de Igualdade e nomeada ministra de Estado de Goberno local, Fe e Comunidades. En xullo de 2022, Badenoch dimitiu do goberno e presentouse para substituír a Johnson nas eleccións de liderado do Partido Conservador de 2022. Badenoch quedou en cuarto lugar e foi eliminada na cuarta votación. En outubro de 2022, Sunak nomeouna ministra de Muller e Igualdade.

Pertencente a dereita política do Partido Conservador, caracterizouse polas súas posturas socialmente conservadoras e "anti-Woke".

Notas

Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Londres Categoría:Políticos conservadores